Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.642

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (212/1996).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos que se citarán se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e sete, vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 212/1996, seguidos por furto, sendo denunciantes Manuel Gómez Vázquez e Generosa Aurelia Pensado Mariño, maiores de idade, e aparecendo como parte denunciada Juan Carlos Bel Muñiz, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Juan Carlos Bel Muñiz, como autor responsable dunha falta de furto do artigo 623-1º do Código Penal, á pena de catro arrestos de fin de semana, así mesmo corresponde fixar a favor de Manuel Gómez Vázquez unha indemnización de 11.000 ptas. en concepto de indemnización polo valor dos billetes e de 15.000 ptas. polo importe do radiocasete, así mesmo deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interpoñerá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Bel Muñiz, o cal está en paradoiro ignorado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteoito de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3526