Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.642

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (22/1997).

En virtude do acordado por José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Santiago de Compostela e o seu partido, en autos de executoria 22/1997, por danos, por medio da presente cédula requírese a Alexander Borisovich Bahmat, co fin de

que no prazo dunha audiencia dea cumprimento á pena de cinco días de arresto menor que lle foron impostos nos autos de xuízo de faltas 70/1996, deste xulgado e do que dimana a presente executoria, así como que proceda ó ingreso na conta de consignacións que este xulgado ten aberta no BBV co número 1500-79-0022/97 das cantidades de cinco mil pesetas en concepto de multa, así como outras quince mil pesetas que en concepto de responsabilidade civil foi condenado a pagar nos mencionados autos, prevíndoo de que noutro caso, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de requirimento en forma ó condenado Alexander Borisovich Bahmat, en ignorado paradoiro e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de abril de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

4385