Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1997 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, procedemento aberto e con trámite urxente, da subministración de mobiliario para os Servicios de Resposta Inmediata (Seri).

Por Resolución do 30 de abril de 1997 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, anunciouse o citado concurso público aberto e con trámite de urxencia.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle a subministración mencionada á empresa:

Deseño Galicia, S.L., importe de adxudicación: 24.830.125 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2.2. da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

4546