Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.621

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de abril de 1997 pola que se fai público o modelo de documento administrativo no que se formalizarán os concertos educativos.

No artigo 25 do Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, aprobado por Real

decreto 2377/1985, do 18 de decembro, así como no apartado vixésimo da Orde do 8 de xaneiro, pola que se dictan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso académico 1997-1998, prevese que os concertos educativos serán formalizados en documento administrativo no que se farán consta-los dereitos e obrigas recíprocas, así como as características concretas do centro e as demais circunstancias derivadas da Lei orgánica 8/1985, reguladora do dereito á educación (LODE), e dos seus regulamentos de aplicación . En consecuencia cómpre dar publicidade ó modelo de documento administrativo no que se formalizarán os devanditos concertos.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de conformidade co que prescriben as disposicións finais terceira, cuarta e quinta da Lei orgánica 9/1995, da participación, da avaliación e do goberno dos centros docentes,

DISPÓN:

Primeiro.-Aproba-lo documento administrativo no que se formalizarán os concertos educativos, o cal figura como anexo na presente orde.

Segundo.-No referido documento administrativo consignarase nivel ou niveis educativos, número de unidades, réxime de concerto e período polo que se concerta. No caso de formación profesional especificarase a rama, especialidade ou ciclo formativo e no caso de educación especial expresarase a modalidade.

Terceiro.-Quedan derrogadas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan ó previsto nesta orde.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Modelo de documento de formalización de concerto educativo

Santiago de Compostela... de... de...

DUNHA PARTE:

D... conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

DOUTRA PARTE:

D... na condición de... (titular/representante legal) do centro do cal se expresan a continuación os datos:

Denominación... Código...

Enderezo... Localidade...

Concello... Provincia...

A teor do disposto nos artigos 3.2º e 25 do Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, aprobado por Real decreto 2377/1985, do 18

de decembro (no sucesivo, Regulamento), e de acordo coa Orde do...

ACORDAN:

Renovar/subscribi-lo concerto educativo, consonte as seguintes cláusulas:

Primeira.-O presente concerto educativo ten por obxecto o sostemento do centro privado con fondos públicos para a prestación do servicio público da educación nos termos previstos na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, modificada pola Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación da avaliación e do goberno dos centros docentes. Polo presente concerto, o centro asume as obrigas establecidas nas devanditas leis orgánicas, no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, na Orde do 8 de xaneiro de 1997, pola que se dictan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso académico 1997-1998, así como nas demais normas que lle sexan aplicables.

Segunda.-De acordo co establecido na Orde do... pola que se resolve a concesión dos concertos educativos, o presente concerto terá a seguinte extensión e duración:(*).

(*) Indicarase o nivel ou niveis educativos, número de unidades, réxime de concerto e período polo que se concerta. No caso de formación profesional especificarase a rama, especialidade ou ciclo formativo e no caso de educación especial expresarase a modalidade.

Terceira.-A Administración obrígase á asignación de fondos públicos para o sostemento do centro concertado, nos termos sinalados nos artigos 12, 13 e, se é o caso, na disposición adicional cuarta do Regulamento, así como na disposición transitoria primeira da Orde do 8 de xaneiro de 1997.

A Administración educativa satisfaralle ó persoal docente do centro os salarios correspondentes, como pagamento delegado e en nome da entidade titular do centro, sen que estes signifiquen relación laboral ningunha entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o mencionado persoal docente.

Cuarta.-O titular do centro obrígase a imparti-las ensinanzas obxecto deste concerto gratuitamente, sen percibir ningún concepto que, directa ou indirectamente, supoña unha contrapartida económica pola impartición das ditas ensinanzas, de acordo cos correspondentes deseños curriculares base e plans de estudio e con suxeición ás normas de ordenación académica en vigor.

Non obstante, de tratarse de concerto singular, o centro poderá percibir dos alumnos as cantidades que se autoricen en concepto de financiamento complementario

Quinta.-O titular do centro obrígase, así mesmo, a que as actividades escolares complementarias,

actividades extraescolares e servicios complementarios que, se é o caso, se realicen no centro, se adecúen ó disposto no Decreto 444/1996, do 13 de decembro, polo que se regulan as actividades escolares complementarias, as actividades extraescolares e os servicios complementarios dos centros privados en réxime de concerto.

Sexta.-Polo concerto, o titular do centro obrígase ó cumprimento das normas de admisión de alumnos que se establecen no artigo 53 da Lei orgánica reguladora do dereito á educación, no Decreto 87/1995, do 10 de marzo, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos de educación infantil, de educación primaria e de educación secundaria, na Orde do 5 de abril de 1995 pola que se regula o procedemento para admisión de alumnos en educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos, e demais normativa aplicable ó procedemento de admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos.

Sétima.-O titular do centro obrígase a manter, e se é o caso, a constituí-los órganos de goberno a que se refire o artigo 54 da Lei orgánica reguladora do dereito a educación, modificada pola Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, de participación, avaliación e goberno dos centros docentes, o artigo 26 do regulamento e a Orde do 28 de agosto de 1996, pola que se regula o procedemento de elección dos órganos de goberno dos centros privados concertados.

Oitava.-A provisión de vacantes do persoal docente que se produzan no centro concertado realizarase conforme o disposto no artigo 60 da Lei orgánica do dereito a educación, modificada pola Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, de participación, avaliación e goberno dos centros docentes, e no artigo 26.3º do regulamento.

Novena.-Independentemente do número de unidades autorizadas, o centro unicamente terá en funcionamento o número de unidades concertadas; non obstante, isto non lle será de aplicación se o centro está a acceder de maneira progresiva ó réxime de concertos.

Décima.-O titular do centro concertado deberá facer constar na súa denominación, na súa documentación e na súa publicidade a condición de centro concertado.

Igualmente o titular do centro deberá poñer en coñecemento dos membros da comunidade escolar e, se é o caso, das autoridades competentes o carácter propio do centro, no suposto de que o tivese.

Undécima.-Para a execución do concerto, o titular do centro adoptará as seguintes medidas:

1. Para efectos do aboamento das cantidades correspondentes a salarios, o titular do centro concertado facilitaralle á administración educativa competente as nóminas do persoal docente, as liqui

dacións das cotizacións á Seguridade Social mediante a formalización e remisión dos documentos oficiais de cotización correspondentes, así como os partes de alta, baixa ou alteración.

2. As altas e baixas do persoal docente no réxime da Seguridade Social xestionaraas o titular do centro na súa condición de empregador na relación laboral. As devanditas circunstancias deberán ser acreditadas por este ante a administración educativa competente.

As responsabilidades que puidesen derivarse do incumprimento das obrigas de altas, baixas e liquidación de cotizacións, serán por conta do titular do centro.

3. Nas nóminas relacionaranse os profesores correspondentes ás unidades concertadas sen que, en ningún caso, o custo de cada unidade, excluída a antigüidade, poida exceder dos módulos ós que fai referencia a disposición transitoria primeira da Orde do 8 de xaneiro de 1997.

Así mesmo, o listado das nóminas incluirá as circunstancias que concorren en cada profesor para efectos de determina-lo soldo, a antigüidade, a cotización á Seguridade Social e outras posibles variantes.

4. Tódalas actividades do profesorado do centro concertado, tanto lectivas coma non lectivas, retribuídas pola Administración prestaranse no nivel de ensino obxecto deste concerto.

5. As cantidades abonadas pola Administración para os outros gastos do centro concertado xustificaranse, ó final de cada ano natural, mediante a presentación polo titular da certificación do acordo do Consello Escolar aprobatorio das contas.

Duodécima.-Para a renovación, prórroga e/ou modificación deste concerto observarase ó disposto no título V do regulamento e na Orde do 8 de xaneiro de 1997.

Décimo terceira.-Serán causas de extinción deste concerto as sinaladas no título VI do regulamento.

Décimo cuarta.-As incidencias ou cuestións litixiosas que xurdan durante o tempo de aplicación deste concerto serán resoltas polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria ou órgano en que delegue.

E para que así conste, asinan este documento por triplicado, na data e lugar antes indicados,

Polo centro privadoPola Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria,

o Conselleiro,

Asdo:Asdo:

4440