Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.624

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos 03/0008032/1997 e 03/0008037/1997, interpostos polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais e polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, respectivamente, contra a orde desta consellería do 11 de febreiro de 1997, pola que se establece o procedemento para a execución e posta en servicio das instalacións eléctricas de baixa tensión (DOG número 36, do 21 de febreiro).

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos 03/0008032/1997 e 03/0008037/1997 interpostos polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais e polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, respectivamente, e en virtude do disposto no artigo 64.1º da vixente Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, esta consellería resolveu o día 2 de xuño de 1997 ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas a favor das cales derivasen dereitos da orde impugnada e das que tivesen interese directo no mantemento dela, que son emprazadas para que comparezan en forma legal en autos ante a referida sala, no prazo de nove días seguintes á publicación desta resolución, segundo dispón o devandito precepto.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1997.

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

4452