Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.504

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 5-5-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 1-4-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de revisión salarial de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de revisión salarial de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de maio de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Transportes La Unión, S.A.

Táboa de salarios

Desde 1-4-1997 ó 31-3-1998

Persoal administrativoPtas./mesPtas./h/Ext.

Xefe de servicio146.948 1.689
Enxeñeiros e licenciados128.070 1.472
Xefe de negociado102.095 1.173
Oficial de primeira92.336 1.061
Oficial de segunda86.324 992
Auxiliar administrativo78.086 898

Persoal de movemento
Xefe de tráfico de primeira110.870 1.275
Xefe de tráfico de segunda106.927 1.229
Xefe de tráfico de terceira100.495 1.155

Ptas./díaPtas./h/Ext.
Inspector3.181 835
Conductor-perceptor3.113 817
Conductor3.058 803
Cobrador2.668 701
Mozo de administración2.545 668

Ptas./mes.Ptas./h/Ext.
Vendedor de billetes84.710 973

Persoal de talleres
Xefe de taller127.068 1.460
Encargado de taller99.273 1.141

Ptas./día.Ptas./h/Ext.
Xefe de equipo3.325 873
Oficial de primeira3.202 841
Oficial de segunda3.052 801
Oficial de terceira2.920 767

Aprendices (salario mínimo segundo idade en cada caso).

Axuda de custo para xantar: 1.120 pesetas.

Quebranto de moeda: 119 pesetas.

Pontevedra, 1 de abril de 1997.

3848