Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.505

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Breoplast, S.L.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Breoplast, S.L., que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 10-4-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, con data do 10-3-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de revisión salarial de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de revisión salarial de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de maio de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa salarial ano 1997

Salario/díaSalario/mesSalario/ano

Persoal técnico
Titulado superior120.2341.803.516
Titulado grao medio109.6371.644.552

Administración
Xefe administrativo109.6371.644.552
Oficial Adm. 1ª104.4471.566.708
Viaxante84.3961.265.940
Oficial Adm. 2ª78.l351.172.028
Auxiliar Adm.72.6541.089.816

Fabricación
Encargado3.6311.633.788

Impresión
Oficial 1ª3.2641.468.584
Oficial 2ª2.8131.265.940
Oficial 3ª2.6611.197.612

Corte e manipulación
Oficial 1ª2.8071.263.132
Oficial 2ª2.6531.193.868
Oficial 3ª2.4381.096.992

Mantemento
Oficial 1ª3.2081.443.780
Oficial 2ª2.7591.241.604
Oficial 3ª2.6051.172.340

Almacén
Almaceneiro2.4221.089.872

Os aprendices salario mínimo interprofesional, segundo idade.

En Vilanova de Arousa o dez de marzo de mil novecentos noventa e siete.

4033