Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 10 de xuño de 1997 Páx. 5.503

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Autobuses de Pontevedra, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Autobuses de Pontevedra, S.A.,

que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 5-5-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data do 1-4-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de revisión salarial de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de revisión salarial de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de maio de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Autobuses

de Pontevedra, S.A.

Táboa de salarios

Desde 1-4-1997 ó 31-3-1998

Xefe de servicios144.007 ptas./mes.

Inspector3.096 ptas./día.

Conductor-perceptor2.999 ptas./día.

Conductor2.979 ptas./día.

Oficial mecánico de primeira3.096 ptas./día.

Oficial mecánico de segunda2.930 ptas./día.

Oficial mecánico de terceira2.812 ptas./día.

Peón2.491 ptas./día.

Quebranto de moeda e entrega de billetaxe e recadación 194 ptas./día traballado.

Pontevedra, 1 de abril de 1997.

Rubricado

3847