Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.467

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da acta presentada pola comisión negociadora do convenio colectivo para o persoal de limpeza da empresa contratista deste servicio no Centro Residencia Docente e no IESP de Ourense.

Visto o texto da acta presentada pola comisión negociadora do convenio colectivo para o persoal de limpeza da empresa contratista deste servicio no Centro Residencial Docente e IESP (código nº 3200671) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola empresa, e, da parte social, polo delegado de persoal, en xuntanza celebrada o día 17-4-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición desta no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial,

con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 9 de maio de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Acta

Reunidos por unha parte Manuel Elías Pérez Álvarez, en representación de Maconsi, S.L., actual contratista do servicio de limpeza no CRD e IESP de Ourense, e por outra Mª José Lorenzo Pascual, delegada de personal do dito servicio, en representación dos traballadores.

Acordan:

Que segundo establece o artigo 2 do convenio vixente do persoal de limpeza da empresa contratista deste servicio no Centro Residencial Docente e IESP de Ourense,

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xullo de 1996 ata o 30 de xuño de 1997 e manterá a súa vixencia e prorrogarase ata a substitución por

outro convenio, tanto no contido normativo como obrigacional.

Non obstante, a denuncia do convenio non significará modificación ningunha do seu texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución polo novo nos termos que as partes establezan. Se se produce a denuncia escrita de calquera das partes dentro dos dous últimos meses de vixencia, a comisión negociadora deberá reunirse dentro dos 20 días seguintes ó da denuncia sinalada anteriormente.

E a disposición adicional sétima.

No caso de chegar a prorrogar este convenio, e mentres non se substitúa por outro, os traballadores acollidos a el rexeranse, tanto nos aspectos sociais como económicos, en todo momento polo considerado no convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia, vixente en cada momento. Coa excepción da disposición adicional primeira (subrogación) que se rexerá polo convenio provincial de limpeza de edificios e locais de Ourense, tamén vixente en cada momento.

Que o convenio 1996-1997 queda prorrogado e ratificado desde o 1 de xullo de 1997 ó 30 de xuño de 1998 nas ditas condicións, e para que conste asinan o 17 de abril de 1997.

A empresaA delegada de persoal

RubricadoRubricado

Visto e prace

Rubricado

3780