Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.468

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas e de materiais e prefabricados da construcción.

Visto o texto do acordo asinado o día 5 de marzo de 1997 pola comisión deliberadora dos convenios colectivos para o sector de edificación e obras públicas e materiais e prefabricados da construcción (códigos 2700255 e 2700395) da provincia de Lugo, integrada polas representacións da Asociación Provincial de Empresarios de Construcción e das centrais sindicais FEMCA-UGT, CC.OO., USO e CIG, mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 1997, no ámbito dos referidos convenios, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto

1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do devandito acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 28 de abril de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Asistentes.

Representación sindical:

Por FEMCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Alfonso García Capón.

Por CC.OO.:

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

Por USO:

María del Carmen Arias Río.

Pola CIG:

Iñaki García Gómez.

Representatividade no sector:

Convenio de edificación e obras públicas:

Por FEMCA-UGT 37,2% de representación.

Por CC.OO. 29,7% de representación.

Por USO 10,5% de representación.

Pola CIG 17,6% de representación.

Convenio de materiais e prefabricados para a construcción:

Por FEMCA-UGT 47,2% de representación.

Por CC.OO. 25% de representación.

Por USO 2,8 de representación.

Pola CIG 22,2% de representación.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Castro.

Antonio Rodríguez Suárez.

Juan Manuel González Zaera.

José Antonio Tosar López.

Silvano Pizarro Gómez.

Na cidade de Lugo, sede social de APEC, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que se relacionan, como compoñentes da comisión deliberadora dos convenios provinciais de edificación e obras públicas, materiais e prefabricados para a construcción co obxecto de tratar sobre o calendario laboral para o ano 1997.

Logo dunha ampla deliberación, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Adapta-lo calendario laboral á xornada de 1.768 horas anuais, sen prexuízo de proceder á súa modificación se a comisión deliberadora do convenio xeral do sector no ámbito estatal acordase unha xornada anual distinta.

Segundo.-Considerar días de descanso, nos convenios de edificación e obras públicas e o de materiais e prefabricados para a construcción os seguintes días:

-10 de febreiro.

-2 de maio.

-24, 26 e 31 de decembro.

Ademais dos días citados, os traballadores desfrutarán de tres días de descanso mediante acordo coa empresa. Os traballadores que ó remate dos seus contratos non tivesen desfrutado os tres días, os que queden pendentes serán compensados coas retribucións salariais correspondentes á xornada normal dos ditos días, en proporción ó tempo traballado durante o ano.

Naqueles municipios nos que o martes de Entroido, día 11 de febreiro, fose festivo e os traballadores non tivesen desfrutado de descanso o día 10, as empresas deberán darlles xornada de descanso o día anterior ou posterior hábil a unha festividade local. Igualmente, cando un festivo local coincide con día de descanso, este pasarase ó seguinte día laborable.

E en proba de conformidade, asínase a presente acta en Lugo o cinco de marzo de mil novecentos noventa e sete; aínda que a CIG non subscribe o acordo, queda, non obstante, aprobado pola maioría absoluta da representación sindical e a totalidade dos representantes empresariais.

4374