Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.465

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria da revisión do convenio colectivo para o sector do comercio téxtil.

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o sector de comercio téxtil, da provincia de Lugo (código 2700205), asinado o 11 de abril de 1997 pola representación da Asociación Empresarial Téxtil e das centrais sindicais CIG, UGT e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da

Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitirlle o texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de maio de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Acta

En Lugo, sendo as 16.30 horas do día 11 de abril de 1997, reúnese nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (praza de Santo Domingo, 6-8, 2º) as persoas relacionadas, todas elas integrantes da comisión mixta paritaria do convenio colectivo de comercio téxtil da provincia de Lugo prevista no artigo 19º deste, co obxecto de proceder á elaboración das táboas salariais que terán vixencia desde o 1 de abril de 1997 ó 31 de marzo de 1998, conforme o previsto no artigo 6, parágrafo segundo do convenio colectivo de comercio téxtil da provincia de Lugo vixente.

Logo das deliberacións oportunas, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-la táboas salariais anexas que terán vixencia desde o 1 de abril de 1997 ó 31 de marzo de 1998, e que supoñen un incremento dun 2,6% en relación coas táboas con vixencia desde o 1 de abril de 1996 ó 31 de marzo de 1997.

Segundo.-Os atrasos por diferencia de salarios producidos como consecuencia da publicación das táboas salariais aprobadas pola presente acta faranse

efectivos nos 30 días seguintes ó da publicación da presente acta no BOP de Lugo.

Terceiro.-Remitirlle a presente acta á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan a presente acta as persoas relacionadas no lugar e data indicados no encabezamento.

Asistentes.

Pola Asociación Empresarial Téxtil:

Andrés Tojal Rouco.

Teodoro Lázaro García.

Constantino García Mazoy.

Antonio López Fernández.

Amadeo Ramil Pita.

Polas centrais sindicais:

CC.OO. (55,6%):

María Prado Vázquez.

Juan Antonio Castro Gandoy.

Luís Anxo Fernández Pena.

UGT (22,2%):

Fernando Teijeiro Valledor.

CIG (22,2%):

Mª Carmen Antas Pérez.

Táboa salarial do convenio de comercio téxtil de LugoVixencia: 1-4-1997 ó 31-3-1998

Categoría profesionalSoldo basePlusSoldo mesRetribuc. anual

Grupo I: persoal técnico titulado

Titulado grao superior127.5078.917136.4242.019.609
Titulado grao medio108.3708.684117.0541.729.758
Axudante técnico sanitario95.6098.527104.1361.536.459

Grupo II: persoal mercantil técnico non titulado

Director140.2779.076149.3532.213.067
Xefe de división124.3088.880133.1881.971.180
Xefe de persoal121.1378.840129.9771.923.135
Xefe de compras121.1378.840129.9771.923.135
Encargado xeral121.1378.840129.9771.923.135
Xefe de sucursal e súper108.3708.684117.0541.729.758
Xefe de almacén108.3708.684117.0541.729.758
Xefe de grupo101.9838.605110.5881.633.005
Xefe de sección mercantil93.6848.502102.1861.507.284
Encargado establecemento poxa92.4068.486100.8921.487.922
Intérprete82.3908.11190.5011.333.182
Xefe de vendas121.1378.840129.9771.923.135

Persoal mercantil propiamento dito

Viaxante93.6848.502102.1861.507.284
Corredor de praza92.4068.486100.8921.487.922
Dependente89.2158.44797.6621.439.589
Dependente maior97.9958.555106.5501.572.585
Axudante81.9718.36190.3321.329.897
Aprendiz menor de 18 anos50.4787.97058.448852.810
Aprendiz maior de 18 anos (1º ano)51.6007.97059.570869.640
Aprendiz maior de 18 anos (2º ano)58.2607.97066.230969.540
Aprendiz maior de 18 anos (3º ano)64.9217.97072.8911.069.455

Grupo III: personal técnico non titulado

Director140.2779.076149.3532.213.067
Xefe de división124.3088.880133.1881.971.180
Xefe de administración112.1988.730120.9281.787.730
Secretario90.5018.46098.9611.459.035
Xefe de sección administrativa104.5268.637113.1631.671.534

Categoría profesionalSoldo basePlusSoldo mesRetribuc. anual

Persoal administrativo

Contable, caixeiro, taquimecanógrafo, idiomas, etc.93.6848.502102.1861.507.284
Oficial administrativo e operador máquina contable89.2158.44797.6621.439.589
Auxiliar administrativo e perforista81.9718.36190.3321.329.897
Aspirante ou auxiliar de caixa menor de 18 anos50.4787.97058.448852.810
Auxiliar de caixa81.9718.36190.3321.329.897
Auxiliar maior de caixa88.0468.43196.4771.421.862

Grupo IV: persoal de servicios e actividades auxiliares

Xefe de sección de servicios101.8608.606110.4661.631.172
Debuxante108.3708.684117.0541.729.758
Escaparatista89.2158.44797.6621.439.589
Axudante de montaxe81.9718.36190.3321.329.897
Delineante82.8328.36891.2001.342.896
Visitador82.8328.36891.2001.342.896
Rotulista82.8328.36891.2001.342.896
Cortador92.4568.485100.9411.488.660
Axudante cortador81.9718.36190.3321.329.897
Xefe de taller82.5548.36390.9171.338.666
Persoal de oficio de 1ª87.3028.42495.7261.410.618
Persoal de oficio de 2ª84.9038.39593.2981.374.285
Persoal de oficio de 3ª83.8388.38192.2191.358.142
Capataz85.7588.40694.1641.387.242
Mozo especializado83.0938.37191.4641.346.847
Ascensorista81.9718.36190.3321.329.897
Telefonista81.9718.36190.3321.329.897
Mozo81.9718.36190.3321.329.897
Empaquetadora81.9718.36190.3321.329.897

Grupo V: persoal subalterno

Conserxe81.9718.36190.3321.329.897
Cobrador81.9718.36190.3321.329.897
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro81.9718.36190.3321.329.897
Persoal de limpeza381000

3776