Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.464

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997 pola que se establecen os criterios para a liquidación de estadías e servicios en centros concertados sociosanitarios na súa aplicación de módulos residenciais.

O artigo 79 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais establece que, sen prexuízo da súa gratuidade, os usuarios dos servicios sociais participarán, na medida das súas posibilidades económicas, no

financiamento destes, de conformidade cos principios de solidariedade e redistribución. Ó mesmo tempo, establécense os baremos obxectivos para a súa efectividade, debendo garantir, en todo caso, a reserva a favor do usuario das cantidades necesarias para atende-los seus gastos persoais.

No mesmo sentido, a Orde do 7 de maio de 1997, de concertación e acreditación de centros sociosanitarios, no seu artigo 9 establece que os usuarios de longa estadía colaborarán no financiamento do módulo residencial mediante a entrega á entidade concertada do 75% dos seus ingresos líquidos mensuais, quedando excluídas do cómputo as gratificacións extraordinarias.

Deste xeito, a presente resolución ten por obxecto a unificación do procedemento administrativo para a liquidación de estadías e servicios nos centros sociosanitarios, en réxime de concertación coa Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e no referente á participación do usuario no financiamento do módulo residencial de longa estadía en centros sociosanitarios.

Por iso, en virtude da disposición derradeira primeira da Orde do 7 de maio de 1997, de concertación e acreditación de centros sociosanitarios, díctase a presente resolución:

Liquidación de estadías en centros sociosanitarios concertados coa Xunta de Galicia.

Primeiro.-Os usuarios de longa estadía en centros sociosanitarios, ou os seus representantes legais, desde o momento do seu internamento, participarán no financiamento do módulo residencial por estadía en centro sociosanitario concertado cunha contribución correspondente ó 75% da totalidade dos seus ingresos líquidos mensuais percibidos, exceptuando destes o importe percibido en concepto de pagas extraordinarias.

Nos supostos de matrimonio ou persoas unidas maritalmente que se atopen ámbolos dous na situación de internamento, realizarase unha soa liquidación conxunta a nome do titular ingresado.

No caso de cargas familiares, a contía do financiamento que deberá aboa-lo usuario farase de acordo coas seguintes táboas e dependendo dos ingresos líquidos mensuais destes.

Ingresos

mensuais

Cónxuxe a

cargo

Dúas persoas

a cargo

Tres persoas

a cargo

Catro ou

máis persoas

Menos de 64.50575 %ExentoExentoExentoExento
64.505 e 100.00175 %2 %ExentoExentoExento
100.001 e 150.00175 %18 %ExentoExentoExento
150.001 e 200.00075 %24 %7 %ExentoExento
200.001 e 250.00175 %29 %10 %2 %Exento
250.001 e 300.00175 %32 %13 %5 %Exento
Máis de 300.00175 %34 %15 %7 %Exento

Segundo.-O centro, servicio ou establecemento concertado estará obrigado a reter dos ingresos dos usuarios os importes que estes deban achegar para o financiamento dos servicios recibidos. Estes, á súa vez, serán deducidos no importe da factura mensual que o concertado elabore para o cobramento dos seus servicios atendendo ó procedemento regulamentado.

Cada centro deberá cubri-lo modelo achegado anexo á presente resolución remitíndollo á Dirección Provincial do Sergas.

A dirección provincial aboará a diferencia que resulte da contía correspondente que deberá aboa-lo usuario ata o total do custo efectivo do módulo residencial concertado.

Terceiro.-En períodos de ausencia do centro por permisos ou internamentos en centros hospitalarios, os usuarios aboarán o 54% da cantidade que lles correspondería de acordo cos números anteriores.

As ausencias temporais voluntarias de máis de 15 días producirán a alta do paciente no centro.

En casos excepcionais de maior tempo de ausencia, será avaliado cada caso de xeito individual polo centro sociosanitario e a Dirección Provincial do Sergas.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1997.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

Apelidos

e nome

DNINº Benef.

ó seu cargo

Novo ingreso

residente

Días

ocupados

Días

ausencia

Clase

pensión

Ingresos

mes

Custo que aboará

o Benef.

Custo que aboará

a Ocupac.

Direc. Prov.

total/Pla./mes

Total..........

Nº Vacantes.......... Custo que aboará a Dirección Provincial..........

Total mes..........

D........................................................................... en calidade de..................................................................,

Certifica que os datos contidos no desagregamento que antecede son exactos e correspóndense coa realidade en cada un dos residentes relacionados, e para que conste ante a Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde, asina o presente documento en a de de

3779