Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 09 de xuño de 1997 Páx. 5.463

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado concertado Nuestra Señora de Lourdes da Estrada.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado concertado Nuestra Señora de Lourdes da Estrada (Pontevedra), no que solicita a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil.

Ó resultar que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do

20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Ó considerar que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Ó considerar que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, se entenden autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá no centro solicitante.

Esta dirección xeral resolveu:

Autorizarlle a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento desta, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia de Pontevedra.

Concello: A Estrada.

Localidade: A Estrada.

Enderezo: O Cruceiro, 32.

Denominación: Nuestra Señora de Lourdes.

Titular: J. Enrique Otero Fernánez.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 1.

Unidades novas autorizadas: 2.

Total de unidades autorizadas: 3.

Composición resultante:

Centro de educación infantil: 3 unidades.

Centro de educación primaria: 6 unidades.

4295