Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona de Cornella (Agolada-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Cornella (Agolada-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 402/1990, do 19 de xullo (DOG nº 149, do 31 de xullo), o seguinte:

Primeiro.-Con data 30 de abril de 1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Cornella (Agolada-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público na Casa do Concello de Agolada e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da zona e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Terceiro.-No prazo dun mes que se di, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes poden presenta-los recursos no rexistro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes, sito na rúa Benito Corbal, 47, 4º, de Pontevedra, no rexistro xeral da consellería, sito no edificio admi

nistrativo de San Caetano, s/nº, de Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en por si ou por representación. No escrito de recurso deberán expresar un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan e se é o caso, a persoa residente nel á quen teñan que facerlle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxisen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación, ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 y 41 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia).

Pontevedra, 13 de maio de 1997.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural

97-4111