Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 183SA/96 e 185SA/96.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan

as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedien

tes na Delegación Provincial desta consellería da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9.8.1993).

A Coruña, 12 de maio de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoTipificación da infracción

Regulamento de epizootias

Sanción

proposta

183SA/96Gigirey Múgico, Enrique

33.018.421

Garabal, 49-San Caetano

15703 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Non realiza-la campaña de saneamento gandeiro209.3º do regulamento, e 1º da Orde do 27-4-1994100.000

185SA/96Vázquez Fernández, José

34.424.178

Lepanto, 29-2º

32005 Ourense

Carecer do certificado de limpeza e desinfección do vehículo, así como do libro-rexistro de movementos e compravenda de gando.217.3º do regulamento e 12 do Decreto 355/1994; 224 do regulamento e 10 da Orde do 23-8-1995.40.000

4037