Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de protección de animais 013PR/96 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que

no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1993, do 13 de abril, protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo alcalde do concello, segundo o artigo 24º, apartado 2-a) da mesma lei.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos - e para aportaren, por escrito,

cantas alegacións, documentos, informacións ous propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos - A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9.8.1993).

A Coruña, 12 de maio de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoTipificación infracción

protección animales

domésticos e salvaxes

en catividade

Sanción

proposta

013PR/96Pan Matos, Luis

76.339.891

Os Campos, 35-1

15560 Cambre (A Coruña)

Can de caza sen censar no rexistro do servicio de sanidade e producción animal e vexetal.20.J en relación co 7.3º

Grado: leve

5.000

057PR/96González Rubio, Salustiano

53.543.985

R/ Roncal, nº 16-1º K

Xixón (Asturias)

Doazón de animais de compañía como premio dunha tómbola.20.C

Grado: leve

5.000

054PR/96Vilari Vilari, José

32.359.924

Sofán, 5

15100 Carballo (A Coruña)

Can de caza sen censar no rexistro do servicio de sanidade e producción animal e vexetal.20.J en relación co 7.3º

Grado: leve

5.000

063PR/96López Freire, José Ricardo

32.627.301

Sánchez Calviño, 24-3

Ferrol (A Coruña)

Can de caza sen censar no rexistro do servicio de sanidade e producción animal e vexetal.20.J en relación co 7.3º

Grado: leve

5.000

97-4112