Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas pola instructora, nos expedientes sancionadores de protección de animais 001PR/96 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó alcalde do concello para a resolución do procedemento, conforme o previsto no artigo 24.2º da mesma lei.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos - A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 13 de maio de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoTipificación infracción

protección animais

domésticos e salvaxes

en catividade

Sanción

proposta

001PR/96Varela Larralde, Miguel

32.869.632

R/ Málaga, nº 11

24400 Ponferrada (León)

Doazón de animais vivos como premio nunha tómbola.20.C

Grado: leve

25.000

021PR/96Barbosa Álvarez, Juan José

32.997.775

San Luis, 9-B

15403 Ferrol (A Coruña)

Can de caza sen censar no rexistro do servicio de sanidade e producción animal e vexetal.20.J en relación co 7.3º

Grado: leve

5.000

025PR/96Lago Lis, José

32.582.822

Juan Alonso, 3-1º

Ferrol (A Coruña)

Can de caza sen censar no rexistro do servicio de sanidade e producción animal e vexetal.20.J en relación co 7.3º

Grado: leve

5.000

4038