Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto do servicio de transporte de funcionarios do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e persoal laboral do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.

Por Resolución do 24 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso público aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle o servicio mencionada á empresa:

Autopullmans Travidi, S.L., importe de adxudicación: 9.250.400 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

4116