Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación dos servicios de limpeza na residencia da terceira idade de Campolongo, centros sociais de Coia, Calvario e Baiona e fogar da terceira idade de Redondela.

De conformidade co establecido no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións

públicas, esta delegación provincial unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-las adxudicacións do concurso público para a contratación dos servicios de limpeza nos centros que a continuación se relacionan, anunciados no DOG nº 51, do 14 de marzo de 1997:

* Residencia da terceira idade de Campolongo: (Pontevedra): adxudícaselle á empresa Eurolimp, S.A., por importe de 5.358.968 ptas. (cinco millóns trescentas cincuenta e oito mil novecentas sesenta e oito pesetas), durante oito meses.

* Centro social de Coia (Vigo): adxudícaselle á empresa Limpiezas Cíes, S.L., por importe de 1.717.440 ptas. (un millón setecentas dezasete mil catrocentas corenta pesetas), durante oito meses.

* Centro social do Calvario: adxudícaselle á empresa Viguesa de Limpiezas Almi, S.L., por importe de 3.944.000 ptas. (tres millóns novecentas corenta e catro mil pesetas), durante oito meses.

* Centro social de Baiona: adxudícaselle á empresa Francisco Fernández Lijó, por importe de 1.511.312 ptas. (un millón cincocentas once mil trescentas doce pesetas), durante oito meses.

* Fogar da terceira idade de Redondela: adxudícaselle á empresa Eurobrik, S.L., por importe de 964.192 ptas. (novecentas sesenta e catro mil cento noventa e dúas pesetas), durante oito meses.

Vigo, 21 de abril de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais de Pontevedra

4133