Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución de dos estatutos da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (CESGA).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (CESGA) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos centros especiais de emprego legalmente constituídos en Galicia, que así o soliciten, acepten os presentes estatutos e cumpran as seguintes condicións: A) Centros especiais de emprego de

titularidade maioritaria dunha asociación sen ánimo de lucro e da que os beneficios repercutan integramente nos propios traballadores minusválidos ou no labor social da asociación. B) Centros especiais de emprego nos que a titularidade sexa polo menos do 51% do grupo de traballadores que compoñen o centro especial de emprego e nos que os beneficios repercutan integramente nos propios traballadores do centro ou nunha asociación sen ánimo de lucro pertencente ó movemento asociativo.

Asinan a acta de constitución: J. José Rodríguez Fernández, como representante de GAREVOL, S.L. e catro persoal máis.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4144