Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 28 de maio de 1997 pola que se convocan eleccións e se dictan normas para a renovación do consello regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega.

O Decreto 835/1972, do 23 de marzo (BOE nº 87, do 11 de abril) polo que se aproba o Regulamento da Lei 25/1970, do Estatuto da viña, o viño e dos alcois, establece no seu artigo 89.3º, en relación cos vocais dos consellos reguladores das denominacións de orixe, que os seus cargos serán renovados cada catro anos, e poderán ser reelixidos.

Posteriormente polo Real decreto 1573/1985, do 1 de agosto, regúlanse as denominacións xenéricas e específicas en productos agroalimentarios; (en aplicación da disposición adicional 5ª da Lei 25/1970) e polo Real decreto 728/1988, do 8 de xullo, a normativa á que deben axustarse as denominacións de orixe, xenéricas e específicas de productos agroalimentarios non vínicos.

Pola súa vez o Regulamento (CEE) 2081/1992, do 14 de xullo, establece a protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos productos agrícolas e alimenticios no ámbito da Unión Europea; e a orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 25 de xaneiro de 1994, precisa a correspondencia entre a lexislación española e a europea nesta materia.

No caso particular da denominación Ternera Gallega, foi inscrita no Rexistro de Indicacións Xeográficas Protexidas establecido pola citada normativa comunitaria, mediante o Regulamento (CE) nº 2400/1996, da Comisión, do 17 de decembro.

Ademais, o Regulamento da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega e do seu consello regulador, aprobado por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 3 de novembro de 1994, prevé a constitución do consello regulador desta denominación.

Para a constitución dos consellos reguladores deben observarse, en todo caso, as prescricións que sexan de aplicación contidas no Real decreto 2004/1979, do 13 de xullo, modificado polo Real decreto 3182/1980, do 30 de decembro; tendo en conta que, de conformidade co previsto no artigo 30.I. 3º e 4º do Estatuto de autonomía de Galicia e no Real decreto 4189/1982, do 29 de decembro, de transferencia de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de denominacións de orixe, viticultura e enoloxía, a competencia para constituír aqueles corresponde a esta Comunidade Autónoma respecto das denominacións de calidade do seu exclusivo ámbito territorial.

Por iso, tendo presente que o actual consello regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega; nomeado con carácter provisional por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 30 de decembro de 1993, cumpriu cos cometidos que na citada orde se lle asignaron, resulta necesario proceder á convocatoria de eleccións para elixi-los cargos de

vocais do devandito consello, trala proposta efectuada polo propio consello regulador con base no acordo tomado na súa sesión do 21 de marzo de 1997.

En consecuencia, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º

Pola presente orde convócanse eleccións para a renovación do consello regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega.

Artigo 2º

Integran a Administración electoral para a citada denominación, a Xunta Electoral Central, a Xunta Electoral da Denominación e as mesas electorais.

Artigo 3º

1. A Xunta Electoral Central, con sede nos servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, en Santiago de Compostela, estará composta por:

Presidente: o secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou o subdirector xeral en quen delegue.

Vocais:

-O xefe do Servicio Técnico Xurídico dos servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-O xefe do Servicio de Promoción Agroalimentaria dos servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-Tres representantes, como máximo, das organizacións profesionais agrarias de ámbito galego, para esta denominación.

-Tres representantes, como máximo, das asociacións empresariais do sector cárnico de vacún, para esta denominación.

-Tres representantes, como máximo, das cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT) do sector cárnico de vacuno, para esta denominación.

Secretario: un letrado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

2. A Xunta Electoral da Denominación, con sede nos servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, en Santiago de Compostela, estará composta por:

Presidente: o xefe do Servicio de Industrias e Comercialización Agroalimentaria (ICA), ou persoa en quen delegue.

Vocais:

-Un letrado do Servicio Técnico Xurídico, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-O xefe do Departamento de Promoción, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-Tres representantes, como máximo, das organizacións profesionais agrarias de ámbito galego, para esta denominación.

-Tres representantes, como máximo, das asociacións empresariais do sector cárnico de vacún, para esta denominación.

-Tres representantes, como máximo, das cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT) do sector cárnico de vacún, para esta denominación.

Secretario: un letrado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

3. Por cada un dos membros das citadas xuntas electorais designarase un suplente.

4. Os membros das xuntas electorais citadas non poderán ser coincidentes.

5. Se os candidatos presentados para formaren parte da Xunta Electoral Central e da Xunta Electoral da Denominación fosen máis do número fixado como máximo nos puntos 1 e 2 deste artigo, farase un sorteo público o mesmo día en que está prevista a súa designación, segundo o calendario electoral establecido no anexo I, (D+2+2). Neste sorteo procurarase que as entidades que non acaden representatividade nunha das xuntas a teñan na outra, para que participen o maior número posible delas.

6. Os membros da Xunta Electoral Central e da Xunta Electoral da Denominación que asistan ás súas reunións, terán dereito a percibi-las seguintes indemnizacións:

-Por asistencia:

Presidente: 8.300 ptas./día.

Vocais e secretario: 5.500 ptas./día.

-Por desprazamento: 24 ptas./km.

Artigo 4º

1. A presentación de candidatos como representantes das organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais, cooperativas ou unións destas e sociedades agrarias de transformación (SAT), requirirá, en cada caso, os requisitos seguintes:

a) As organizacións profesionais agrarias presentarán:

-Certificación da formalización do depósito dos seus estatutos.

-Acordo do órgano de goberno da organización, propoñendo os representantes e os seus suplentes.

-Número de fax onde se lle poidan dirixi-las comunicacións e convocatorias pertinentes.

b) As asociacións empresariais e cooperativas ou unión destas e sociedades agrarias de transformación relacionadas con cada sector:

-Acordo do consello rector ou órgano de goberno propoñendo os representantes e ós seus suplentes.

-Número de fax onde se lle poidan dirixi-las comunicacións e convocatorias pertinentes.

2. No suposto de organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais, cooperativas ou sociedades agrarias de transformación integradas noutras de ámbito superior, aquelas unicamente poderán presentar candidatos se estas non o fixeran.

3. As candidaturas á Xunta Electoral Central e á Xunta Electoral da Denominación presentaranse na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, en Santiago de Compostela, no prazo de dous días contados desde o día 2 de xuño de 1997 (día D), de acordo co establecido no calendario fixado no anexo I.

A designación realizaraa o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e publicaranse o día (D+2+2), ambas no taboleiro de anuncios da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, nos servicios centrais, en Santiago de Compostela.

Fronte á dita designación poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de tres días (D+4+3), quen resolverá no prazo de dous días (D+7+2).

4. A constitución da Xunta Electoral Central e da Xunta Electoral da Denominación terá lugar o día 13-6-1997, (D+11).

5. Todas aquelas persoas (tanto titulares como suplentes) que sexan membros da Xunta Electoral Central e da Xunta Electoral da Denominación non poderán presentarse despois como candidatos a vocais do consello regulador da I.X.P. Ternera Gallega.

6. Para efectos de lograr unha maior operatividade no desenvolvemento do proceso electoral procurarase que as reclamacións e recursos previstos no calendario fixado no anexo I se presenten no Rexistro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, en San Caetano (Santiago de Compostela) antes das 14 horas; ou ante o secretario da Xunta Electoral correspondente, no mesmo lugar, antes das 21 horas do último día do prazo de presentación.

Artigo 5º.-Funcións das xuntas.

1. Funcións da Xunta Electoral Central.

-A organización, coordinación e vixilancia do cumprimento das funcións asignadas á Xunta Electoral da Denominación.

-Cursar instruccións de obrigado cumprimento á Xunta Electoral da Denominación.

-Resolver con carácter vinculante as consultas que lle eleve a Xunta Electoral da Denominación.

-Revogar, de oficio ou por instancia de parte, as decisións da Xunta Electoral da Denominación.

-Resolve-las queixas e reclamacións que se lle dirixan, sempre e cando non sexan competencia da Xunta Electoral da Denominación.

-Resolve-los recursos que se interpoñan en relación coa aprobación definitiva dos censos definitivos, coa proclamación dos candidatos, así como coa proclamación dos vocais electos.

-Proclamación definitiva dos candidatos e proclamación definitiva dos vocais electos.

-Corrixi-las infraccións que se produzan no proceso electoral, sempre que non sexan constitutivas de delito

e impoñer multas ata a contía máxima prevista no artigo 153 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral.

-Calquera outra que lle atribúa a presente orde.

2. Funcións da Xunta Electoral da Denominación.

-Determina-las sedes das mesas electorais.

-Publica-los censos de electores inscritos nos rexistros da denominación e exposición deles na sede do consello regulador, servicios centrais e delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e axencias de Extensión Agraria onde estea previsto situa-las mesas electorais.

-Decidir sobre as queixas e reclamacións en relación coas ditas listas.

-Aprobación dos censos definitivas.

-Recepción das candidaturas a vocais do consello regulador.

-Proclamación provisional de candidatos.

-Designación dos compoñentes das mesas electorais e comunicación ós interesados.

-Vixilancia das votacións.

-Garanti-la transparencia e obxectividade do proceso electoral.

-Calquera outra que lle atribúa a presente orde.

Capítulo II

Censos

Artigo 6º.-Constitución.

1. Os censos electorais elaborados polo Consello Regulador da I.X.P. Ternera Gallega estarán constituídos por todos e cada un dos titulares inscritos nos rexistros correspondentes do consello regulador, e segundo a normativa vixente ó respecto.

Deberán figurar ordenados por municipios e alfabeticamente.

2. A representación por sectores estará composta por:

-Sector productor:

Censo A: constituído polos titulares de explotacións gandeiras inscritos no rexistro de ganderías do consello regulador.

Censo B: constituído polos titulares de cebadeiros inscritos no rexistro de cebadeiros do consello regulador.

-Sector industrial:

Censo C: constituído polos titulares de industrias cárnicas inscritas no rexistro de matadoiros do consello regulador. (Clasificaranse os matadoiros inscritos en dous subcensos, segundo o número de canais certificadas durante 1996, en maiores e menores de 250 canais certificadas polo C.R.).

Censo D: constituído polos titulares de industrias cárnicas inscritas no rexistro de salas de desfeita do consello regulador.

3. O número de vocais correspondente a cada un dos censos e subcensos citados será o establecido no anexo IV.

Artigo 7º

Para figurar nos censos respectivos será necesario reuni-las seguintes condicións:

a) Estar inscrito nos rexistros correspondentes do consello regulador antes da data de publicación da presente orde.

b) Non estar inhabilitado no exercicio do dereito de sufraxio activo.

Artigo 8º

A Xunta Electoral da Denominación, unha vez recibidos do consello regulador os censos correspondentes e despois das comprobacións que considere oportunas, dilixenciará, coas sinaturas do secretario da dita xunta e o conforme do seu presidente, tódolos censos, e ordenará a súa exposición o día (D+14) nos lugares seguintes: sede do consello regulador, servicios centrais e delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, e axencias de Extensión Agraria onde estea previsto situa-las mesas electorais.

Os censos expostos na sede do consello regulador, nos servicios centrais e nas delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes comprenderán a totalidade da denominación. Os censos expostos nas axencias de Extensión Agraria correspondentes comprenderán só os da súa respectiva circunscrición.

A presentación de reclamacións e recursos ós censos, así como a súa resolución, axustarase ó calendario establecido no anexo I.

Artigo 9º

A remisión dos censos provisionais ós lugares citados no artigo anterior deberá realizarse xuntando oficio do secretario da Xunta Electoral da Denominación, segundo o modelo que figura no anexo III.

Capítulo III

Presentación de candidatos a vocais do consello regulador e proclamación destes

Artigo 10º

1. O número de vocais do consello regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega será o seguinte:

* 7 vocais en representación do sector productor.

* 7 vocais en representación do sector industrial.

2. Para a elección dos vocais representativos dos censos a que se refire o artigo 6 serán electores e elixibles os pertencentes a cada un dos ditos censos, sempre e cando non se encontren incursos nas causas de inelixibilidade previstas nos artigos 6 e 7 da Lei orgánica 5/1985, do réxime electoral xeral.

3. No caso de que un mesmo titular figure inscrito en varios censos, poderá ser elector en todos eles. En cambio só poderá ser elixible por un único censo, debendo o interesado optar polo que máis lle interese, segundo a súa vontade.

4. As candidaturas presentaranse mediante lista pechada de candidatos, constando dun suplente para cada titular.

5. No caso das persoas xurídicas inscritas, o candidato a vocal será a propia persoa xurídica, que estará representada no consello regulador (en caso de resultar elixida) polo seu representante con poder notarial especial para o efecto.

6. O número de vocais que se elixirán é o que figura no anexo IV, respectando a representatividade por censos e subcensos, tal e como se detalla no citado anexo. A atribución das vocalías en función dos resultados do escrutinio realizarase conforme as regras previstas no artigo 163.1º da L.O. 5/1985, do réxime electoral xeral.

7. En ningún caso unha mesma persoa física ou xurídica poderá ter no consello regulador dobre representación, nin directamente nin a través de firmas filiais ou socios dela tal como se determina no artigo 37 do Regulamento da I.X.P. Ternera Gallega.

8. As candidaturas para a elección de vocais do consello regulador que vaian representar a cada un dos censos presentaranse mediante solicitude de proclamación ante a correspondente Xunta Electoral da Denominación no prazo de cinco días (D+30+5).

Artigo 11º

1. Poderán propoñer candidaturas as cooperativas, unións de cooperativas, sociedades agrarias de transformación, organizacións profesionais agrarias, asociacións profesionais e os independentes que sexan avalados polo menos polo 5 por 100 do total de electores do censo de que se trate.

2. Ninguna cooperativa, unión de cooperativas, sociedade agraria de transformación, organización profesional agraria ou asociación profesional poderá presentar máis dunha lista de candidatos para o mesmo censo. Na presentación destas candidaturas non poderán empregarse símbolos ou identificacións propios de partidos políticos ou referencias alusivas ó nome da I.X.P. Ternera Gallega.

3. Ningún inscrito poderá presentarse en máis dunha lista de candidatos, considerándose no seu caso unicamente válida a primeira candidatura presentada.

4. Os candidatos deberán xustificar mediante declaración xurada que non se atopan incursos en ningunha causa de inelixibilidade.

Artigo 12º

1. Ningunha organización profesional agraria, asociación profesional, cooperativa ou S.A.T. integrada noutra superior poderá presentar lista propia de candidatos se o fai a de maior ámbito.

As listas que presenten as organizacións profesionais agrarias ou asociacións profesionais, deberán ir subscritas por aqueles que ostenten a súa representación, de acordo cos seus estatutos.

As demais candidaturas serán presentadas polos seus promotores. A identidade dos asinantes, no suposto de presentación polos electores, acreditarase ante a Xunta Electoral da Denominación, que comprobará se os propostos e adheridos figuran no censo correspondente.

2. As listas presentaranse ante a Xunta Electoral da Denominación expresando claramente os datos seguintes:

a) O nome da candidatura.

b) O nome e apelidos dos candidatos, tanto titulares como suplentes.

c) A orde de colocación dos candidatos dentro de cada lista.

A Secretaría da Xunta Electoral da Denominación realizará dilixencia na que faga constar a data e hora da presentación e expedirá recibo dela.

A cada lista asignaráselle un número correlativo coa orde de presentación.

d) As listas deberán presentarse acompañadas das declaracións de aceptación das candidaturas, subscritas polos candidatos, que deberán reuni-las condicións de elixibilidade.

No caso das persoas xurídicas, tamén se xuntará acordo do órgano directivo polo cal propoñen o seu representante.

e) Será requisito indispensable para a admisión das candidaturas por parte da Xunta Electoral da Denominación o nomeamento, para cada lista, dun representante con domicilio en Santiago de Compostela, que será o encargado de realizar tódalas xestións da respectiva candidatura ante a Xunta Electoral da Denominación, así como o chamado a recibi-las notificacións que esta poida realizar.

O domicilio do representante, que poderá ser ou non candidato, farase constar ante a secretaría da Xunta Electoral da Denominación no momento da presentación da candidatura.

Artigo 13º

Finalizado o prazo de presentación, as candidaturas quedarán proclamadas provisionalmente o día (D+37), salvo causa de inelixibilidade ou non inclusión no censo, circunstancia que, por instancia de calquera persoa que o acredite ou de oficio, determinará a exclusión do candidato pola Xunta Electoral da Denominación.

Artigo 14º

1. Unha vez proclamadas provisionalmente as distintas candidaturas, a Xunta Electoral da Denominación acordará a súa exposición nos mesmos lugares establecidos para a exhibición dos censos.

2. Expostas as distintas candidaturas, poderán presentarse reclamacións ante a Xunta Electoral da Denominación dentro dos dous días seguintes (D+37+2) á proclamación provisional das candidaturas.

A Xunta Electoral da Denominación deberá resolver estas reclamacións nos tres días seguintes (D+39+3).

Contra os acordos da Xunta Electoral da Denominación cabe recurso ante a Xunta Electoral Central no prazo de dous días (D+42+2), tendo a dita xunta dous días para resolver (D+44+2).

Capítulo IV

Da campaña electoral

Artigo 15º

1. Enténdese por campaña electoral, para os efectos desta orde, o conxunto de actividades lícitas levadas a cabo polos candidatos encamiñadas á captación de sufraxios.

2. A campaña electoral comezará o día 19-7-1997 (D+47) e finalizará o día 1-8-1997 (D+60).

3. Terminará, en todo caso, ás 24 horas do día 1-8-1997, non podéndose realizar desde entón propaganda de ningún xénero a favor de ningunha candidatura.

Capítulo V

Das papeletas e sobres

Artigo 16º

As papeletas serán facilitadas pola Xunta Electoral da Denominación ás mesas electorais correspondentes contra recibo asinado polo seu presidente.

En cada mesa electoral deberá instalarse unha urna para cada un dos censos determinados no artigo 6, cos distintivos «Censo A», «Censo B», «Censo C», «Censo D».

As papeletas confeccionaranse en diferentes cores: branca para o censo A, azul para o censo B, amarela para o censo C e verde para o censo D. O formato das papeletas será o que se indica como exemplo no anexo V. En ningún caso o número de papeletas recibidas polos presidentes dunha mesa poderá ser inferior ó dobre dos electores correspondentes a cada mesa electoral.

Artigo 17º

Os sobres confeccionaranse nas mesmas cores que as papeletas dos diferentes censos. O formato será o que se indica no anexo VI.

Artigo 18º

Cada papeleta conterá unha única candidatura.

Capítulo VI

Dos apoderados e interventores

Artigo 19º

1. Os representantes de cada unha das candidaturas que se presentan a estas eleccións poderán apoderar a calquera español maior de idade e que se encontre en pleno exercicio dos seus dereitos civís e políticos, co obxecto de que ostente a representación da candidatura correspondente para tódolos efectos electorais.

2. O dito apoderamento formalizarase ante a secretaría da Xunta Electoral da Denominación, que expedirá a correspondente credencial conformada de acordo co modelo que figura no anexo VII.

3. Os apoderados estarán obrigados a mostra-las súas credenciais e DNI ós membros das mesas electorais como requisito indispensable para poder exerce-los dereitos previstos na Lei 5/1985.

Artigo 20º

1. Igualmente, poderán os representantes de cada candidatura nomear dous interventores por cada mesa electoral mediante a expedición de credenciais conformadas por cuadruplicado, de acordo co modelo que figura no anexo VIII. A designación dos ditos interventores poderá realizarse como máximo dentro dos tres días anteriores ó da votación.

2. Para ser designado interventor é preciso estar inscrito no censo electoral da correspondente mesa, ante a que exercerán o seu dereito de sufraxio.

3. Un interventor, dos dous designados para cada mesa, poderá asistir á mesa electoral e participar nas súas deliberacións, con voz pero sen voto, e exerce-los demás dereitos previstos na Lei 5/1985.

4. Para os efectos do disposto no punto anterior, os interventores dunha mesma candidatura, acreditados ante a mesa, poderán substituírse libremente entre si.

Capítulo VII

Das mesas electorais e a súa constitución

Artigo 21º

1. As mesas electorais son os órganos encargados de presidi-las votacións, realiza-lo escrutinio, publica- los resultados e velar pola pureza do sufraxio.

Estarán integradas por un presidente e dous vocais, designados pola Xunta Electoral da Denominación, por sorteo entre os electores que, sendo maiores de idade e menores de 65 anos, saiban ler e escribir. O presidente de cada mesa deberá ter, como mínimo, a titulación de graduado escolar ou equivalente.

2. Os membros das mesas electorais teñen dereito á indemnización de 8.300 ptas./día, tanto o presidente como os vocais, que se lles aboarán ó longo da xornada electoral.

3. Igualmente procederase ó nomeamento de dous suplentes por cada un dos membros da mesa.

4. En cada mesa electoral nomearase un funcionario por parte da Xunta Electoral da Denominación, coas misións de abrir e pechar o local electoral, pagarlle ós membros da mesa a indemnización á que teñen dereito, recolle-lo sobre coa documentación electoral e calquera outra que lle poida asigna-la Xunta Electoral ou que estea prevista na presente orde.

Artigo 22º

1. Os cargos de presidente e vocal das mesas electorais son obrigatorios. Non poderán exercelos aquelas persoas que se presenten como candidatos.

2. Unha vez realizada a súa designación, deberá serlle notificada ós interesados no prazo de cinco días (D+46+5), os que disporán dun prazo de cinco días (D+51+5) para alegaren ante a Xunta Electoral da Denominación causa xustificada e documentada que lles impida acepta-lo cargo. A Xunta Electoral da Denominación resolverá no prazo de dous días (D+56+2) e sen ulterior recurso.

Artigo 23º

O número de mesas electorais existentes será fixado pola Xunta Electoral da Denominación, atendendo en

todo caso a facilitarlles ós electores o exercicio do dereito de sufraxio.

Artigo 24º

1. O presidente e os vocais de cada mesa electoral, así como os seus suplentes, reuniranse ás oito horas do día (D+62) no local designado para a votación.

2. Se o presidente non acudise substituirao o primeiro suplente. No caso de faltar este, substituirao segundo suplente e se este tampouco acudise tomará posesión como presidente, o primeiro vocal ou o segundo por esta orde. Os vocais que non acudisen ou que tomasen posesión como presidentes serán substituídos polos seus suplentes.

3. En ningún caso poderá constituírse a mesa sen a presencia dun presidente e dous vocais. No caso de que non se poida cumprir este requisito, os membros da mesa presentes e os suplentes que acudisen escribirán e subscribirán unha declaración dos feitos acontecidos, que se enviará de inmediato á Xunta Electoral da Denominación, quen nomeará as persoas máis idóneas para constituí-la mesa electoral.

4. Reunidos o presidente e os vocais, recibirán entre as oito e as oito trinta horas as credenciais dos interventores que se presenten. Se se presentasen na mesa despois das oito trinta horas, o presidente non lles dará posesión do seu cargo.

5. Ás oito trinta horas o presidente redactará a acta de constitución da mesa (segundo modelo que figura no anexo IX), asinada por el, os vocais e os interventores se os houbese, entregando unha copia dela ó representante, apoderado ou interventor que a reclame.

Na acta expresarase necesariamente con qué persoas queda constituída a mesa en concepto de membros dela e a relación nominal dos interventores, se os houbese, con indicación da candidatura que representan.

Así mesmo, farase constar calquera incidente que afecte a orde no local electoral e o nome e apelidos de quen os provocou.

O presidente da mesa terá dentro do local autoridade plena para conserva-la orde e asegura-la liberdade dos electores e mante-la observancia da lei.

Artigo 25º

A determinación dos locais correspondentes a cada mesa electoral será efectuada pola Xunta Electoral da Denominación.

Capítulo VIII

Da votación, escrutinio e redacción de actas

Artigo 26º

Redactada a acta de constitución da mesa, a votación iniciarase ás nove horas e continuará sen interrupción ata as vinte horas.

Só por causa de forza maior poderá non iniciarse ou suspenderse, unha vez comezado, o acto de votación, sempre baixo a responsabilidade do presidente da mesa, quen resolverá ó respecto en escrito razoado, enviándoo o mesmo día da votación, inmediatamente despois de redactado, á Xunta Electoral da Denominación, para que esta poida comproba-la certeza dos

motivos e declare ou esixa as responsabilidades a que houbese lugar.

En poder do presidente da mesa quedará copia do escrito.

No caso de suspensión da votación non se terán en conta os votos emitidos nin se procederá ó seu escrutinio. O presidente ordenará a destrucción das papeletas depositadas na urna, consignando este extremo no escrito ó que se refire o parágrafo anterior.

Artigo 27º

O dereito a votar acreditarase pola inscrición do elector nas listas certificadas do censo e pola demostración da súa identidade mediante DNI, pasaporte ou permiso de conducir nos que apareza a fotografía do titular.

Artigo 28º

1. A votación será persoal e secreta; o presidente anunciará o seu inicio coas palabras «comeza a votación». Os electores acercaranse un a un á mesa manifestando o seu nome e apelidos. Despois de examina-las listas do censo electoral, comprobar que nelas figura o nome do votante, así como a súa identidade, e anotar que se presentou a votar, o elector entregaralle directamente ó presidente a papeleta introducida no sobre da cor que lle corresponda.

2. Os electores que non saiban ler ou que, por defecto físico, estean impedidos para elixi-la papeleta ou colocala dentro do sobre e para entregala ó presidente da mesa poden servirse doutra persoa para iso.

Artigo 29º

1. Os electores que prevexan que na data da votación non se atopasen na localidade onde lles corresponde exerce-lo seu dereito de voto ou que non poidan acudir persoalmente poderán emiti-lo voto por correo, logo de solicitude á Xunta Electoral da Denominación e cumprindo cos requisitos seguintes:

-A solicitude poderá presentarse a partir da data de exposición dos censos definitivos e ata o décimo día anterior ó da votación.

-A solicitude deberá formularse persoalmente ante a secretaría da Xunta Electoral da Denominación, que esixirá ó solicitante a exhibición do documento nacional de identidade; ou por escrito, xuntando fotocopia del.

-En suposto de enfermidade ou incapacidade que impida a formulación persoal da solicitude, esta poderá realizarse por persoa debidamente autorizada polo elector, acreditando aquela a súa identidade e representación mediante documento autenticado ante notario.

2. Recibida a solicitude, a secretaría da Xunta Electoral da Denominación comprobará a inscrición do solicitante no censo, practicará a anotación correspondente nel, co fin de que o día das eleccións non se realice o voto persoalmente, e expedirá certificado conforme o voto será realizado por correo.

3. Unha vez dispoñibles as papeletas e os sobres electorais, a Xunta Electoral da Denominación remitiras ó domicilio do elector, xunto co certificado citado no páragrafo anterior e un sobre no que figure a dirección da mesa na que lle corresponde votar.

4. Unha vez que o elector elixa a papeleta de voto, introduciraa no sobre de votación. Pola súa vez, este sobre, xunto co certificado ó que fai referencia o parágrafo 3º, introducirase no sobre no que figura a dirección da mesa, o cal se remitirá por correo certificado á Xunta Electoral da Denominación, quen conservará ata o día da votación toda a correspondencia dirixida ás mesas, dándolles traslado dela ás dez (10) horas da mañá do día (D+62).

Artigo 30º

Ás vinte horas o presidente anunciará o remate da votación e non permitirá a entrada no local a ninguén. Preguntará se algún dos electores presentes non votou aínda, admitindo os votos dos que se atopen dentro do local. A continuación votarán os interventores e os membros da mesa, (primeiro os vocais e finalmente o presidente).

Artigo 31º

Finalizada a votación, o presidente da mesa declararaa pechada e comezará o escrutinio, extraendo as papeletas da urna e lendo en voz alta o nome dos candidatos votados.

O presidente porá de manifesto cada papeleta, unha vez lida, ós vocais e interventores e ó final confrontarase o número total de papeletas co de votantes anotados.

Son votos nulos:

a) Os votos emitidos en papeleta ou sobre non oficial.

b) Os votos en que, por calquera causa, non se puidese determinar inequivocamente a candidatura sinalada ou conteñan máis dunha candidatura.

Son votos en branco:

Os sobres que non conteñan ningunha candidatura.

Artigo 32º

Feito o reconto de votos segundo as operacións anteriores, o presidente preguntará se hai algunha protesta que facer contra o escrutinio. Se non se fixeran, ou despois de resoltas pola maioría da mesa as presentadas, anunciará en voz alta o resultado, especificando o número de votantes, o de votos válidos, o de votos nulos, o de votos en branco e o de votos obtidos por cada candidatura.

As papeletas extraídas das urnas destruiranse en presencia dos asistentes, con excepción daquelas ás que se lles negou a validez ou foron obxecto de reclamación, que serán unidas á acta unha vez rubricadas polos membros da mesa.

Concluídas as operacións, o presidente, os vocais e os interventores da mesa, se os houbese, asinarán a acta da sesión, na que se expresarán detalladamente o número de electores segundo as listas do censo electoral, o dos electores que votaron, o dos votos válidos, o dos votos nulos, o dos votos en branco e o dos votos obtidos por cada candidatura, consignando sumariamente as reclamacións ou protestas formuladas, as resolucións dadas pola mesa e as incidencias, se as houbese, con indicación dos nomes e apelidos dos que as produciron (anexo X, modelo de acta de escrutinio).

Artigo 33º

Acto seguido expedirase certificación dos resultados e fixarase en lugar visible do local no que se realizou a votación. A continuación, a mesa preparará a documentación electoral, que se distribuirá en dous sobres.

O primeiro sobre conterá o expediente electoral, composto polos seguintes documentos:

a) Orixinal da acta de constitución da mesa.

b) Relación de interventores.

c) Lista do censo electoral.

d) Listas numeradas dos votantes e das papeletas ás que se lles negase validez ou foran obxecto dalgunha reclamación.

e) Acta de escrutinio e certificación dela, se a solicitase quen teña dereito a ela.

O segundo sobre conterá copia da documentación anteriormente citada.

Unha vez pechados os sobres, o presidente, os vocais e os interventores asinaranos por riba dos pregues que os pechan.

Artigo 34º

1. Unha vez preparada a correspondente documentación, o presidente, acompañado polos vocais e interventores que o desexen, entregará á Xunta Electoral da Denominación o primeiro sobre.

O segundo sobre quedará en poder do funcionario da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes presente no proceso, quen o entregará á dita Xunta Electoral.

2. Para os efectos de facilita-la entrega, os presidentes desprazaranse á correspondente delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, onde se coordinará e centralizará a recollida dos sobres coa documentación electoral, que serán entregados ó delegado provincial ou persoa en quen delegue, para que se desprace á sede da Xunta Electoral da Denominación e faga entrega efectiva de tódolos sobres, acompañado polos interventores que así o desexen.

No caso da documentación electoral contida no segundo sobre, en poder dos funcionarios nomeados pola Xunta Electoral da Denominación, seguirase o mesmo procedemento para a súa entrega.

3. Non obstante, a dita Xunta Electoral determinará as mesas electorais que entregarán directa e persoalmente a documentación na súa sede, en Santiago de Compostela.

Capítulo IX

Proclamación de vocais electos, titulares

e suplentes, toma de posesión e proposta

de presidente e vicepresidente

Artigo 35º

Recibidas as actas de elección de todas e cada unha das mesas electorais, a Xunta Electoral da Denominación procederá á asignación de postos de elección, de acordo cos seguintes criterios.

a) As vocalías titulares e as súas suplencias atribuiranse proporcionalmente os votos que obtivera cada

candidatura, tendo en conta a orde de colocación dos candidatos dentro de cada candidatura.

Respectaranse os condicionantes de composición do consello regulador, tal como se describen no anexo IV, baixo os criterios de representatividade para cada censo e subcenso, e de atribución de vocalías conforme as regras do artigo 163.1º da L.O. 5/1985, do réxime electoral xeral.

b) No suposto de empate decidirase por sorteo.

Artigo 36º

A Xunta Electoral da Denominación proclamará, a través do seu presidente, os vocais electos do consello regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega, ós dous días de celebrada a votación (D+62+2).

Contra a proclamación de vocais electos cabe recurso ante a Xunta Electoral Central no prazo de dous días (D+64+2), debendo a dita xunta resolver e proceder á proclamación definitiva de vocais electos no prazo dun día (D+66+1).

Seguidamente, no prazo de catro días remitiránselle-las oportunas credenciais ós vocais electos.

Artigo 37º

Ó cuarto día da proclamación definitiva dos vocais electos (D+67+4), o consello regulador celebrará sesión constitutiva (12-8-1997), cesando os anteriores vocais, vicepresidente e presidente, e tomando posesión os novos vocais electos.

A continuación e na mesma sesión, o consello en pleno, presidido por un funcionario designado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, proporá á dita consellería, por acordo do citado pleno, dous candidatos: un para a súa designación como presidente e outro como vicepresidente do consello regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega.

O presidente e vicepresidente representarán cada un un sector distinto, non sendo necesario que ostenten a condición de vocais.

Disposición adicional

Cantas dúbidas xurdan na aplicación da presente norma resolveranse de conformidade co establecido na Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para dictar cantas disposicións considere necesarias no desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

02.06.1997LUPublicación da orde de convocatoria de eleccións ó consello regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega, no Diario Oficial de Galicia.
02.06.1997LUDData de comezo do proceso electoral.
04.06.1997MED+2Presentación de candidatos á Xunta Electoral Central e á Xunta Electoral da Denominación.
06.06.1997VED+2+2Designación dos representantes na Xunta Electoral Central e na Xunta Electoral da Denominación.
09.06.1997LUD+4+3Presentación de posibles recursos ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
11.06.1997MED+7+2Resolución polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dos recursos presentados fronte á designación dos candidatos á Xunta Electoral Central e á Xunta Electoral da Denominación.
13.06.1997VED+11Constitución da Xunta Electoral Central e da Xunta Electoral da Denominación.
16.06.1997LUD+14Exposición dos censos nos seguintes lugares:

*) Sede do consello regulador, en Santiago de Compostela.

*) Servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, en Santiago de Compostela.

*) Delegacións provinciais desta consellería, en cada unha das provincias de Galicia.

*) Axencias de Extensión Agraria onde estea previsto situa-las mesas electorais.

23.06.1997LUD+14+7Presentación de reclamacións sobre os censos ante a Xunta Electoral da Denominación.
25.06.1997MED+21+2Resolución das reclamacións sobre os censos pola Xunta Electoral da Denominación.
27.06.1997VED+23+2Presentación de recursos sobre os censos ante a Xunta Electoral Central.
30.06.1997LUD+25+3Resolución dos recursos sobre os censos pola Xunta Electoral Central.
02.07.1997MED+28+2Exposición de censos definitivos, (nos mesmos lugares citados anteriormente).
07.07.1997LUD+30+5Presentación de candidatos por parte das cooperativas, sociedades agrarias de transformación, organizacións profesionais agrarias, asociacións profesionais e independentes, segundo os diversos censos, ante a Xunta Electoral da Denominación.
09.07.1997MED+37Proclamación provisional de candidatos pola Xunta Electoral da Denominación e exposición pública.
11.07.1997VED+37+2Presentación de reclamacións sobre a proclamación de candidatos ante a Xunta Electoral da Denominación.
14.07.1997LUD+39+3Resolución das reclamacións anteriores pola Xunta Electoral da Denominación.
16.07.1997MED+42+2Presentación de recursos sobre a proclamación de candidatos ante a Xunta Electoral Central.
18.07.1997VED+44+2Resolución dos recursos anteriores pola Xunta Electoral Central e proclamación definitiva dos candidatos.
19.07.1997SAD+47Comezo da campaña electoral.
23.07.1997MED+46+5Designación dos compoñentes das mesas electorais e comunicación ós interesados pola Xunta Electoral da Denominación.
28.07.1997LUD+51+5Alegación de escusas por parte dos designados como compoñentes das mesas electorais en contra da súa designación ante a Xunta Electoral da Denominación.
30.07.1997MED+56+2Resolución das escusas alegadas pola Xunta Electoral da Denominación.
01.08.1997VED+60Finalización da campaña electoral.
03.08.1997DOD+62Constitución das mesas electorais e votación.
05.08.1997MAD+62+2Proclamación de vocais electos.
07.08.1997XOD+64+2Presentación de recursos sobre a proclamación de vocais electos ante a Xunta Electoral Central.
08.08.1997VED+66+1Resolución dos recursos anteriores pola Xunta Electoral Central e proclamación definitiva de vocais electos.

12.08.1997MAD+67+4Remisión de credenciais, toma de posesión dos vocais electos e proposta de presidente e vicepresidente.
13.08.1997MED+71+1Nomeamento do presidente e vicepresidente da I.X.P., por parte do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
14.08.1997XOD+73Publicación no DOG da resolución de nomeamento do presidente e vicepresidente do Consello Regulador da I.X.P. Ternera Gallega.

ANEXO II

MODELO DE IMPRESO PARA PRESENTACIÓN DOS CENSOS

Consello regulador da I.X.P. Ternera gallega.

Concello..................................................................................................................................Folla nº .....................

Censo (1)..............................Subcenso (2)................................................................................................................

Eleccións para renovación do consello regulador

Censo A: titulares de explotacións gandeiras inscritos no rexistro de ganderías do C.R.

Censo B: titulares de cebadeiros inscritos no rexistro de cebadeiros do C.R.

Censo C: titulares de industrias cárnicas inscritas no rexistro de matadoiros do C.R.

(Diferenciaránse en maiores e menores de 250 canais certificadas/ ano 1996).

Censo D: titulares de industrias cárnicas inscritas no rexistro de salas de desfeita do C.R.

NúmeroApelidos e nome do titular

ou entidade

DirecciónSección

electoral

Observacións

(1) Censo A, B, C ou D.

(2) Número de subcenso correspondente:

C-1: Matadoiros con = ou > 250 canais certificadas/ano 1996.

C-2: Matadoiros con < 250 canais certificadas/ano 1996.

Nas follas seguintes non é precisa a cabeceira da folla número 1. Na última farase a seguinte:

Dilixencia: para facer constar que o presente «censo provisional» de titulares de ........................................... ................................................................, composto por ........................... follas numeradas, cun total de .......... .................. censados, estivo exposto ó público nos locais de ........................................................... para escoitar reclamacións durante os días de .............. a .............., ámbolos dous inclusive.

..................................., ......... de ................... de 199...

O Secretario da Xunta Electoral

da denominación

Conforme

O Presidente

ANEXO III

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN OU ELECCIÓN DE VOCAIS

DO CONSELLO REGULADOR DA INDICACIÓN XEOGRÁFICA

PROTEXIDA «TERNERA GALLEGA».

Asunto: remisión de censos provisionais.

Remíteselle a ........................................................................... un exemplar dos censos provisionais de electores inscritos nos rexistros do consello regulador da indicación xeográfica protexida «Ternera Gallega» para a súa exposición pública nos locais desa entidade durante os días de ............ a ............., a teor do establecido na presente orde.

O Secretario da Xunta Electoral

da Denominación

ANEXO IV

COMPOSICIÓN DO CONSELLO REGULADOR

NÚMERO DE VOCAIS

Indicación

xeográfica

protexida

Sector productor Sector industrial

Ganderías

(Censo A)

Cebadeiros

(Censo B)

Matadoiros

(Censo C)

Salas de

desfeita

(Censo D)

«Ternera Galllega»435 (*)2

(*) Os cinco vocais distribuiranse da seguinte maneira:

-4 vocais: para os matadoiros inscritos cun sacrificio durante o ano 1996 igual ou maior de 250 canais certificadas polo C.R.

-1 vocal: para os matadoiros inscritos cun sacrificio durante o ano 1996 inferior a 250 canais certificadas polo C.R.

ANEXO V

MODELO DE PAPELETA OFICIAL

ELECCIÓN DE VOCAIS EN REPRESENTACIÓN DOS SECTORES PRODUCTOR E INDUSTRIAL DO CONSELLO REGULADOR DA INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA "TERNERA GALLEGA".

CENSO ...........

SUBCENSO ........

Dou o meu voto á seguinte candidatura:

1º) Titular:

1º) Suplente:

2º) Titular:

2º) Suplente:

3º) Titular:

3º) Suplente:

4º) Titular:

4º) Suplente:

ANEXO IX

ELECCIÓNS Ó CONSELLO REGULADOR DA IXP «TERNERA GALLEGA»

ELECCIONES AL CONSEJO REGULADOR DE LA I. G. P. «TERNERA GALLEGA» 1997

INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA MESA

ACTA DE CONSTITUCIÓN DA MESA ELECTORAL

ACTA DE CONSTITUCIÓN DE LA MESA ELECTORAL

En ..............., o ......... de ............... de 1997, ás oito trinta horas constitúese a mesa electoral nº ......... formada polas seguintes persoas:En ..............., a ......... de ............... de 1997, a las ocho treinta horas se constituye la mesa electoral nº .......... formada por las siguientes personas:

PRESIDENTE/A: D./Dna. DNI:

PRESIDENTE/A: D/Dña. DNI:

1º VOCAL: D./Dna. DNI:

1º VOCAL: D/Dña. DNI:

2º VOCAL: D./Dna. DNI:

2º VOCAL: D/Dña. DNI:

Acto seguido procedeuse a recibi-los interventores designados polos representantes das listas de candidaturas.

Cumpridos os trámites indicados nos artigos 19 e 20 da Orde do 28 de maio de 1997 pola que se convocan eleccións e se dictan normas para a renovación do Consello Regulador da I.X.P. "Ternera Gallega", o/a señor/a presidente/a deulle posesión dos cargos de interventor/a ás persoas que se indican a seguir, expresando a candidatura que os designou:Acto seguido se procedió a recibir a los interventores designados por los representantes de las listas de candidaturas.

Cumplidos los trámites indicados en los artículos 19 y 20 de la Orden de 28 de mayo de 1997 por la que se convocan elecciones y se dictan normas para la renovación del Consejo Regulador de la I.G.P. "Ternera Gallega", el/la Sr/a presidente/a dio posesión de los cargos de interventor/a a las personas que se indican a continuación, expresando la candidatura que los designó:

INTERVENTORES/INTERVENTORESCANDIDATURAS/CANDIDATURAS

D./Dna.

D./Dna.

D./Dna.

D./Dna.

D./Dna.

D./Dna.

D./Dna.

D./Dna.

D./Dna.

D./Dna.

O/A Sr./a presidente/a indica que se consigna na presente acta o seguinte:El/La Sr./a presidente/a indica que se consigna en la presente acta lo siguiente:

Sendo as .... horas, expídese a presente acta que asinan tódolos concorrentes.Siendo las .... horas, se extiende la presente acta que firman todos los concurrentes.

O/A PRESIDENTE/A VOCAL 1ºVOCAL 2º

EL/LA PRESIDENTE/AVOCAL 1ºVOCAL 2º

INTERVENTORES

INTERVENTORES

Nota.-Se non hai espacio abondo, fágase relación adxunta, coa signatura de tódolos membros da mesa.

Nota.-Si el espacio no es suficiente, hágase relación adjunta, con la firma de todos los miembros de la mesa.

ANEXO X

MODELO DE ACTA DE ESCRUTINIO

Os que subscriben, o presidente e vocais (e interventores, se os houbera), que compoñen a mesa electoral número ..............................................................., da localidade

das eleccións de vocais do consello regulador da indicación xeográfica protexida «Ternera Gallega».

CERTIFICAN: que, escrutadas as papeletas da votación verificada no día de hoxe, nesta mesa electoral, o resultado da mesma é o seguinte, no caso do censo ..................:

Electores Votos válidos

Electores que votaron Votos nulos

Votos en branco

Os votos válidos distribúense da seguinte maneira:

CANDIDATURAEN LETRAEN NÚMERO

-

-

-

-

-

-

E para que conste, asinámo-la presente en ........................................ o ..................................... de mil novecentos noventa e sete.

3369