Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións formuladas nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 96/0065 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberanse emprega-los impresos norma

lizados que serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 8 de maio de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez.

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

P-96/0065Artemio S. Formoso Barro

76.411.219

Virxe da Luz, 12

As Pontes

Pescar sendo titular dunha licencia válida sen levala consigo33.1ºLeve5.000 ptas. multa
P-96/0290Saladino Mancebo San Andrés

33.211.575

Av. Santiago, 27-3º

Negreira

Pescar 1 troita de tamano menor có regulamentario33.9ºLeve10.000 ptas. multa

1.240 Indem.

P-96/0315Xesús Conde Noya

r/ do Río, 4

Meixonfrío

Santiago de Compostela

Pescar sen licencia34.1ºMenos

grave

50.001 ptas. multa

Inhab. 1 ano

3967