Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas pola instructora nos expedientes sancionadores de caza 96/0064 e 96/0068.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6), e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30. Corrección erros nº 112, do 11-5), por non ser posible a súa notificación.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples de Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pago voluntario, o interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 8 de maio de 1997.

P.A.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de caza

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

C-96/0064Carlos Otero Guldrís

33.291.083

Sandino-Cruceiro de Sar, 26

Santiago de Compostela

Non impedir que os seus cans vaguen sen control en TRCE, en época de veda48.2.24Menos

grrave

3.500 ptas. multa
C-96/0068Fernando Regueira Iglesias

33.242.009

Lustres Rivas 3-4º

Ribeira

Non impedir que os seus cans vaguen sen control en TRCE, en época de veda48.2.24Menos

grave

3.500 ptas. multa

3966