De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4), e más do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30-3, corrección erros nº 112, do 11-5), por non ser posible a súa notificación.
Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o Art. 49 do Regulamento de caza, en relación co R.D. 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Admón. do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente
na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos, e para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).
A Coruña, 8 de maio de 1997.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Lei de caza
DNI
Último enderezo coñecido
propostaTipificación infracción
Expediente Denunciado
Feitos denunciados Artigo Cualificación Sanción
32.804.720
Loureiros, 9
Carballo
grave 3.333 Indem.
Inhab. 2 anos 32.804.029
Pza. Vigo, 3-2 I
Carballo
33.269.694
Sta. Cristina de Fecha
Santiago de Compostela
C-96/164/1 Juan Villaverde Rey
Cazar nun couto sen permiso e posuír dous patos 46.1.f) Moi
50.000 ptas. multa
C-96/0170 José M. Fuentes Fraga
Cazar nun couto sen permiso 48.1.8 Grave 5.000 ptas. multa C-96/0269 Julio Señarís Fernández
Cazar nun couto sen permiso 48.1.8 Grave 5.000 ptas. multa
3965