Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de caza 96/0280 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6), e más do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30, corrección erros nº 112, do 11-5), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o Art. 49 do Regulamento de caza, en relación co R.D. 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Admón. do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos, e para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 8 de maio de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de caza

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

C-96/0280José Vilari Vilari

32.359.924

Sofán, 5, Carballo

Cazar posuíndo a documentación preceptiva sen levala consigo (DNI)48.3.43Leve1.000 ptas. multa
C-96/0282Carlos Otero Guldrís

33.291.083

Cruceiro de Sar, 46

Santiago de Compostela

Cazar nun couto sen permiso48.1.8Grave5.000 ptas. multa
C-96/0284Marcos Otero Otero

44.817.645

Cruceiro de Sar, 99

Santiago de Compostela

Cazar nun couto sen permiso48.1.8Grave5.000 ptas. multa

4106