Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.077

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1997 pola que se convocan cursos de información e atención ó cidadán, dirixidos a persoal de Administración da Xunta de Galicia e a persoal de Administración local.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1997, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos de información e atención ó cidadán que figuran no anexo e que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

Aqueles que aspiren a participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da convocatoria, e cubrir tódolos epígrafes. Na solicitude, acompañada de certificación segundo o modelo oficial que figura no anexo, constarán, en todo caso, os seguintes datos:

a) Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade.

b) Xustificación de que se cumpre o requisito esixido na base 2 do anexo da convocatoria dos respectivos cursos.

c) Conformidade da entidade na que presta servicios.

Para o persoal de Administración local, cando o solicite máis dun interesado da mesma corporación,

o organo responsable ó respecto deberá especifica-la orde de preferencia.

Para o persoal da Xunta de Galicia só poderá presentarse unha solicitude e para unha única localidade.

A falsidade ou a ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais que se contarán desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Terceira.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes dirixiránselle ó director da EGAP e presentaranse no Rexistro Xeral da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, r/ Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarta.-Selección.

Para o persoal da Xunta de Galicia, a selección efectuarase respectando a seguinte orde de preferencia:

-Ocupar un posto de traballo na localidade solicitada.

-Non ter participado en edicións anteriores dos cursos que se convocan.

En todo caso, os criterios de selección axeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994 da EGAP, (DOG nº 149, do 3-8-1994) na que se precisan os criterios de selección para participar nas súas actividades.

A EGAP publicará a lista de participantes nos taboleiros de anuncios da escola, do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería de Presidencia e Administración Pública.

Quinta.-Modificacións.

A EGAP reserva a facultade de anular un curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

O desenvolvemento do curso e o contido poderán ser modificados pola EGAP para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Sexta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada que supere o 15% das horas lectivas programadas imposibilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso: Información e atención ó cidadán

(grupos C e D e laborais III e IV)

1. Obxectivos.

Comprensión dos modos de conducta e das diferentes situacións que se poden presentar no desempeño dun posto de traballo de atención ó público.

2. Destinatarios.

Persoal con funcións de atención ó público en corporacións locais, integrado nos grupos C e D ou asimilados e persoal pertencente ós grupos funcionariais C e D e laborais III e IV con destino na Administración da Xunta de Galicia, que ocupe postos de traballo que comporten tarefas de atención ó público e información ó cidadán, segundo certificación do órgano responsable ó respecto.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugar e datas de realización:

Santiago de Compostela: 19, 20, 23, 24, 25, 26 e 27 de xuño.

A Coruña: 1, 2, 3, 4, 8, 9 e 10 de setembro.

Ferrol: 10, 11, 12, 15, 16, 17 e 18 de setembro.

Lugo: 15, 16, 17, 21, 22, 23 e 24 de outubro.

Ourense: 27, 28, 29, 30 de outubro, 3, 4 e 5 de novembro.

Pontevedra: 25, 26, 27 e 28 de novembro, 1, 2 e 3 de decembro.

Vigo: 9, 10, 11, 15, 16, 17 e 18 de decembro.

3.3. Horario: de 17 a 20.30 h.

3.4. Nº prazas: 30 en cada localidade.

Do número total de prazas convocadas resérvanse 15 para o persoal de Administración autonómica e 15 para o persoal de Administración local, as cales corresponden, en cada caso, ó 50% do total.

Se no proceso de selección de cada colectivo quedasen prazas sen cubrir, a porcentaxe sobrante acumularase automaticamente á reservada para o outro.

4. Contido.

A relación interpersoal. Elementos básicos de comunicación. Técnicas de información ó público. Resolucións de situacións. A información e a atención ó público na Xunta de Galicia.

Curso: Información e atención ó cidadán

(grupos E e laborais V)

1. Obxectivos.

Comprensión dos modos de conducta e das diferentes situacións que se poden presentar no desempeño dun posto de traballo de atención ó público.

2. Destinatarios.

Persoal con funcións de atención ó público en corporacións locais, integrado no grupo E ou asimilados e persoal pertencente ó grupo funcionarial E e laborais V con destino na Administración da Xunta de Galicia, que ocupe postos de traballo que comporten tarefas de atención ó público e información ó cidadán, segundo certificación do órgano responsable ó respecto.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugar e datas de realización:

Santiago de Compostela: 22, 23, 24 de setembro, 2, 3, 6 e 7 de outubro.

A Coruña: 8, 9, 10, 13, 14, 20 e 21 de outubro.

Lugo: 25, 26, 29, 30 de setembro, 1, 7 e 8 de outubro.

Ourense: 5, 6, 7, 10, 11, 17 e 18 de novembro.

Pontevedra: 12, 13, 14, 19, 20, 24 e 25 de novembro.

3.3. Horario: de 17 a 20.30 h.

3.4. Nº prazas: 30 en cada localidade.

Do número total de prazas convocadas resérvanse 15 para o persoal de Administración autonómica e 15 para o persoal de Administración local, as cales corresponden, en cada caso, ó 50% do total.

Se no proceso de selección de cada colectivo quedasen prazas sen cubrir, a porcentaxe sobrante acumularase automaticamente á reservada para o outro.

4. Contido.

A relación interpersoal. Elementos básicos de comunicación. Técnicas de información ó público. Resolucións de situacións. A información e a atención ó público na Xunta de Galicia.

4100