Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.080

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1997 pola que se convocan dous cursos, correspondentes a inglés elemental e inglés medio.

En execución do Plan de Formación da EGAP para 1997 e en uso das atribucións conferidas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, anúnciase a convocatoria dos cursos descritos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que corresponda, a instancia descrita no anexo II.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no citado anexo I.

4. As solicitudes dirixiranse á Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro da EGAP, no das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou en calquera das dependencias previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso.

2. A lista de seleccionados exporase no taboleiro de anuncios da EGAP.

Terceira.-Certificacións de participación.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, se ben a inasistencia a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá en todo caso a expedición do certificado correspondente.

2. Para os efectos de debido coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitar ós servicios de persoal do seu centro directivo copia da certificación acadada.

Cuarta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e contido dos cursos anunciados a fin de adaptalos ás necesidades administrativas e demais continxencias de toda índole que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso: inglés elemental

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos da lingua inglesa.

2. Destinatarios.

Persoal con destino nas administracións autonómica, local, universitaria parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo.

3. Desenvolvemento do curso.

3.1. Duración: 90 horas, distribuídas en tres sesións por semana (luns, martes e xoves).

3.2. Lugar: EGAP (laboratorio de idiomas). Santiago de Compostela.

3.3. Datas: de xuño a decembro de 1997.

3.4. Horarios: de 17 h a 19 h.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para a administración autonómica, 4 para a local, 2 para a universitaria, 1 para a do Parlamento, 1 para o Consello de Contas e 1 para o Valedor do Pobo.

4. Selección.

Os criterios selectivos que se utilizarán serán os recollidos no apartado A) do anexo á resolución do director da EGAP, do 23-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8-1994).

5. Contido.

Vocabulario. Pronuncia. Estructuras gramaticais. Comprensión básica. Formular e contestar preguntas. Análise de situacións concretas da vida corrente.

6. Prazo.

O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Curso: inglés medio

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos da lingua inglesa a un nivel medio, de xeito que permita establecer contactos esporádicos na dita lingua e conseguir unha comunicación e comprensión con certo grao de eficacia.

2. Destinatarios.

Persoal con destino nas administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo.

3. Desenvolvemento do curso.

3.1. Duración: 90 horas, distribuídas en tres sesións por semana (luns, martes e xoves).

3.2. Lugar: EGAP (laboratorio de idiomas). Santiago de Compostela.

3.3. Datas: de xuño a decembro de 1997.

3.4. Horarios: de 19 h a 21 h.

3.5. Prazas: 20, nunha proporción idéntica á establecida no curso de inglés elemental.

4. Selección.

Farase de conformidade co previsto no penúltimo parágrafo do apartado A) do anexo á resolución do director da EGAP, do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8).

Neste sentido, a selección dos participantes está determinada pola realización, ó día seguinte ó da expiración de prazo de presentación de instancias, dunha proba escrita, na que se comprobará que os aspirantes se axustan ó nivel medio de coñecementos de inglés requirido polo contido do curso, de xeito que se poida formar un grupo homoxéneo que permita o axeitado desenvolvemento daquel. A dita proba realizarase ás 17 h do día descrito, na sede da EGAP, nas aulas que se determinen oportunamente.

5. Contido.

Solicitar ou dar información. Expresión e comprensión de pensamento obxectivo e subxectivo. Persuasión. Usos sociais da lingua. Descrición. Emprego de estructuras temporais.

6. Prazo.

O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

4121