Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.082

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de maio de 1997 de corrección de erros da do 19 de marzo de 1997 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, en expectativa de ingreso, e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 63 do xoves, 3 de abril de 1997, é necesario efectua-las seguintes rectificacións:

-Na páxina 3.045:

Base común 7.4.2, terceira, onde di: «... A exposición terá dúas partes. A primeira delas versará sobre os aspectos científicos...», debe dicir: «... A exposición terá dúas partes, agás na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, que se reducirá á primeira. A primeira delas versará sobre os aspectos científicos do tema...».

Base común 7.6, segunda parte, onde di: «... A exposición terá dúas partes. A primeira delas versará sobre os aspectos...», debe dicir: «... A exposición terá dúas partes, agás na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, que se reducirá á primeira. A primeira delas versará sobre os aspectos científicos do tema...».

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

4053