Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 29 de maio de 1997 Páx. 5.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de fabricantes de mobles.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de fabricantes de mobles (código nº 3200185) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día 4-4-1997, subscrito, en representación da parte económica, pola Asociación Empresarial de Fabricantes e Mobles de Ourense, e, da parte social, polas centrais sindicais, UGT e CC.OO., en xuntanza celebrada o día 31-3-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estauto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995 de 24 de marzo, R.D. 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 11 de abril de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de fabricantes de mobles 1997

Artigo 1º

De conformidade co Estatuto dos traballadores, o presente convenio afectará a tódolos traballadores do sector de fabricantes de mobles non excluídos expresamente por este e dentro do ámbito das empresas radicadas en Ourense e provincia ou que no futuro se establezan, dedicadas á ebanistería, carpintería e tapicería.

Quedan excluídos do presente convenio:

O persoal de alta dirección ou alto consello e os socios de empresas que revistan a forma xurídica de sociedade.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha duración en canto ós seus efectos económicos de dous anos e entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1997 e terminará o 31 de decembro de 1988, aínda que os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de xaneiro de 1997, e manterase a súa vixencia en canto ós seus efectos normativos ata o ano 2000, mentres non se negocie outro que o substitúa. O convenio denunciarase con tres meses de antelación á finalización da vixencia. A forma de denuncia será por medio de comunicación dunha parte á outra na que se fará consta-la pretensión de denuncia-lo convenio, a representación que ten para negociar, así como as materias que se van negociar.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes deste convenio serán absorbidas ata onde chegue o cómputo anual con aqueloutras condicións que puidesen establecerse por disposición legal, salvo cando expresamente se pacte o contrario.

Artigo 4º.-Xornada laboral.

1. A duración da xornada anual de traballo efectivo no presente convenio colectivo será no ano 2000 de 1.780 horas. En consecuencia e debido á adaptación prevista no acordo xeral da madeira, as xornadas laborais de traballo ata o ano 2000 serán as seguintes:

1997 1.792 horas.

1998 1.788 horas.

1999 1.784 horas.

2000 1.780 horas.

2. As ditas xornadas considéranse traballo efectivo.

Artigo 5º.-Vacacións.

O tempo anual de vacacións será de trinta días naturais a salario real ou a parte proporcional que corresponda no caso de levar traballando o ano requirido para o desfrute pleno deste dereito.

O total de días anuais de vacacións repartiranse para os efectos de desfrute con carácter xeral da seguinte forma: 15 días seguidos para desfrutar en verán.

O resto, para desfrutar de acordo entre traballador e empresa, atendendo de forma prioritaria as necesidades de producción.

Deberase facer público cun mínimo de dous meses a data das vacacións

A retribución que se percibirá por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data do desfrute das vacacións, con excepción das horas extraordinarias e as gratificacións extraordinarias.

Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano terán dereito a que na liquidación que se lles practique no momento da baixa na empresa,

se integre o importe correspondente da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

Polo contrario, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique os días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

Para efectos de devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal sexa a causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute das vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó seu vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio se aplicará para os supostos de cesamentos por finalización de contrato.

Conceptos retributivos

Artigo 6º.-Salario.

As táboas retributivas para os anos 1997 e 1998 incrementaranse co índice de prezos ó consumo oficial dos últimos 12 meses precedentes ó 31 de decembro dos anos indicados, ós que se lles engadirá ademais a parte correspondente á compensación por supresión da antigüidade e o rateo da paga de marzo, que desaparece como tal.

Artigo 7º.-Antigüidade.

1. A partir do 30 de setembro de 1996 non se devengarán por este concepto novos dereitos quedando, por tanto, suprimido.

Non obstante, os traballadores que xerasen antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en concepto de antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data. A dita contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto de antigüidade consolidada e non será absorbible nin compensable.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición deste concepto calcularase o equivalente a 8 anos (isto é, segundo o criterio da antiga ordenanza laboral), 1 quinquenio máis tres quintas partes doutro quinquenio), das bases e porcentaxes de concepto de antigüidade de cada convenio de ámbito inferior ó presente ou, no seu defecto, das porcentaxes da ordenanza laboral.

A contía resultante dividirase entre cinco.

A contía resultante de efectua-la operación anterior será a que se adicionará ó importe anual do salario base durante os cinco primeiros anos.

A compensación da antigüidade para 1997, 1998, 1999 e 2000 será a seguinte:

Peón: 1.330 ptas. mensuais.

Axudante: 1.448 ptas. mensuais.

Oficial segunda: 1.484 ptas. mensuais.

Oficial primeira: 1.489 ptas. mensuais.

Encargado: 1.525 ptas. mensuais.

Auxiliar Advo.: 1.448 ptas. mensuais.

Advo. segunda: 1.484 ptas. mensuais.

Advo. primeira: 1.489 ptas. mensuais.

Transcorridos os cinco anos, desaparecerán as ditas contías e a antigüidade quedará cos valores que tivesen o 30 de setembro de 1996, quedando así fixada no sucesivo.

En canto ó valor do quinquenio, será o seguinte:

Peón: 59.136 ptas./ano.

Axudante: 64.351 ptas./ano.

Oficial segunda: 65.961 ptas./ano.

Oficial primeira: 66.195 ptas./ano.

Encargado: 67.779 ptas./ano.

Auxiliar Advo.: 64.351 ptas./ano.

Advo. de segunda: 65.961 ptas./ano.

Advo. de primeira: 66.195 ptas./ano.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo serán de 30 días de salario base máis antigüidade.

Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos salariais de vencemento periódico superior ó mes.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e devengaranse por semestres naturais, e por cada día natural en que se devengase o salario base.

Devengo de pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

A contía dos ditos complementos será a que se especifique para cada un dos grupos ou niveis nas táboas deste convenio incrementada coa antigüidade que corresponda.

Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores, no momento de realiza-la liquidación de haberes.

Artigo 9º.-Indemnización por desgaste de ferramentas.

Establécese unha indemnización por desgaste de ferramenta para aqueles traballadores ós que non

lles sexa facilitada pola empresa, consistente en 39 ptas. por día efectivo de traballo para o oficial e de 20 pts. para o axudante. A empresa determinará os casos de aportación de ferramenta polo traballador.

Artigo 10º.-Permisos e licencias.

Establécese un permiso retribuído nos casos que se indican e polo tempo que se sinala:

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogros: 3 días naturais, ampliables ata 5 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

Enfermidade grave de noras, xenros, cuñados e avós políticos: 2 días naturais, ampliables ata 4 naturais, en caso de desprazamento superior a 150 km.

Nacemento de fillo ou adopción: 3 días naturais, ampliables a 5 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

Cambio de domicilio habitual: 1 día laborable.

Deber inescusable de carácter público e persoal: o indispensable ou o que marque a norma.

Lactación ata nove meses: ausencia dunha hora ou dúas fraccións de media hora, reducción da xornada en media hora.

Traslado: (Art. 40 ET): 3 días laborables.

Matrimonio de fillos: 1 día natural.

Funcións sindicais ou de representación de traballadores: o establecido na norma.

O tempo necesario para acudir ó médico presentando a xustificación correspondente.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralles a tódolos traballadores as pezas de roupa de seguridade a que houbese lugar adaptadas ós distintos postos de traballo. A roupa de traballo e as pezas de roupa de seguridade reporanse sempre que sexa necesario, cando o seu grao de deterioración non sexa imputable á neglixencia por parte do traballador. Estas pezas de roupa serán sempre propiedade da empresa e o traballador estará obrigado á boa conservación e emprego.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

A axuda de custo é un concepto de devengo extrasalarial de natureza indemnizatoria ou compensatoria e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

O traballador percibirá axuda de custo completa cando, como consecuencia do desprazamento, non poida pasa-la noite na súa residencia habitual. Devengarase sempre por día natural.

Devengarase media axuda de custo cando, como consecuencia do desprazamento, o traballador afec

tado teña necesidade de realiza-la comida fóra da súa residencia habitual e non lle fose subministrada pola empresa, e poida pasa-la noite na citada residencia. A media axuda de custo devengarase por día efectivo de traballo.

As axudas de custo ou medias axudas de custo percibiranse sempre con independencia da retribución do traballador.

Ó persoal afectado por este convenio seranlle aboado en caso de desprazamento fóra do seu centro de traballo habitual os gastos ocasionados e debidamente xustificados.

Artigo 13º.-Retribución de menores.

O contrato de aprendizaxe que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente convenio terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O dito traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional relacionada co posto de traballo que se vaia desempeñar.

O contido do contrato, como as súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito e figurará nel de xeito claro a actividade ou profesión obxecto da aprendizaxe.

En ningún caso se poderá realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorran circunstancias de tipo tóxico, penoso, perigoso ou nocturno. Tamén estará prohibida a realización de horas extraordinarias.

A idade do traballador cun contrato destas circunstancias non poderá ser inferior a 16 anos nin superior a 22 anos.

A) A duración máxima será de 3 anos, xa sexan alternos ou continuos, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

B) Non se poderán realizar contratos de duración inferior a 6 meses, e poderanse prorrogar ata tres veces por períodos como mínimo de 6 meses.

C) Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase á formación teórica. Concretarase no contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico.

O ensino teórico, a ser posible, deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta de forma racional.

No contrato deberá figura-lo nome e a categoría profesional do titor ou monitor encargado da formación práctica. O titor deberá velar pola adecuada formación do aprendiz así como de tódolos riscos profesionais.

O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

O salario que perciba o aprendiz será o 75%, 85% e 95% do salario do axudante ou categoría equivalente do presente convenio, durante o primeiro, segundo ou terceiro ano do contrato, respectivamente.

No caso de cesamento na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formación teórica e práctica adquirida, en que constará a duración dela.

Artigo 14º.-Vinculación á totalidade.

No caso de non ser autorizado pola autoridade laboral competente, algún dos preceptos deste convenio, este quedará sen efecto, debendo considerarse o seu contido total.

Artigo 15º.-Póliza de seguros.

As empresas están obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo, no prazo de tres meses a partir da contratación do traballador, unha póliza de seguros en orde á cobertura dos riscos de morte e incapacidade para todo tipo de traballo dos traballadores por accidente laboral, incluído o in itínere, que lle garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa no caso de morte e invalidez para todo tipo de traballo por causa fortuíta, espontánea e exterior á vontade do traballador, a percepción da indemnización seguinte:

1.500.000 ptas. en caso de morte.

2.500.000 ptas. en caso de de incapacidade para todo tipo de traballo.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou Montepío. Non obstante, as indemnizacións a que se fai mención neste artigo non se considerarán como entrega a conta da indemnización que, se é o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, unha vez que exista sentencia definitiva, sobresemento ou renuncia de accións.

Artigo 16º.-Situacións de incapacidade laboral.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, en caso de accidente laboral, con ou sen hospitalización, percibirán polo período de ILT a cargo da empresa o 100% do salario desde o día 10 ata o 70, ambos incluídos. Para os supostos de enfermidade común e enfermidade profesional percibirán en caso de IT a cargo da empresa o 100% do salario desde o día 20 ó 60, ambos incluídos.

Artigo 17º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión mixta paritaria para a interpretación deste convenio, constituída polos membros asinantes do presente convenio.

Artigo 18º

No non previsto no presente convenio colectivo rexerá o disposto no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o convenio estatal da madeira,

asinado o 21 de marzo de 1996, entre as centrais sindicais UGT, CC.OO e CONEMAC como dereito de directa aplicación para todas aquelas cuestións non recollidas no presente convenio provincial e que afectan ás empresas e traballadores do correspondente ámbito territorial.

Disposicións transitorias

Primeira.-En relación coa duración do convenio sinalada no artigo 2º do presente convenio sinálase que, para efectos do incremento salarial, as partes reuniranse a primeiros de ano co obxecto de aplica-lo IPC correspondente ó ano anterior e fixa-las táboas salariais dese ano, tendo en conta que para efectos de incremento salarial a duración do convenio será de dous anos, é dicir ata o 31 de decembro de 1988 e nos termos que sinala a disposición adicional primeira do convenio estatal da madeira, data a partir da cal, en caso de ser denunciado o convenio, se reunirán as partes para a negociación do incremento salarial.

Segunda.-Como consecuencia de se atopar recorrido o mencionado acordo xeral da madeira ante o T.S., este será de directa aplicación ás empresas e traballadores da provincia de Ourense mentres non sexa revogado ou declarado nulo polo Tribunal Supremo ou Tribunal Constitucional; nese caso reunirase a comisión paritaria do convenio para tratar de forma específica a compensación aboada polas empresas en concepto de antigüidade e atopar unha solución a ela.

Disposición adicional

Primeira.-Os atrasos do presente convenio serán aboados nun prazo non superior a 30 días desde a súa publicación no BOP.

Segunda.-Co fin de axusta-lo calendario laboral anual ó presente ano 1997, fíxanse como días non laborables: 2 de maio, 28 de xullo, 10 de novembro e 26 e 31 de decembro, salvo acordo entre empresa e traballadores para a fixación doutros distintos.

Terceira.-O rateo da paga de marzo suporá para cada traballador, segundo a súa categoría profesional, as seguintes cantidades:

Peón: 2.214 ptas./mes.

Axudante: 2.410 ptas. mes.

Oficial de segunda: 2.470 ptas./mes.

Oficial de primeira: 2.479 ptas./mes.

Encargado: 2.538 ptas./mes.

Auxiliar administrativo: 2.410 ptas./mes.

Administrativo de segunda: 2.470 ptas./mes.

Administrativo de primeira: 2.479 ptas./mes.

Cláusula de submisión ó AGA

Dada a importancia que poida ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do

Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo AGA, asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais CC.OO., a UGT e a CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formulados.

Táboa salarial

CategoríaSalario base

Peón88.514 ptas.

Axudante96.319 ptas.

Oficial de segunda98.729 ptas.

Oficial de primeira99.079 ptas.

Encargado101.450 ptas.

Auxiliar administrativo96.319 ptas.

Administrativo de segunda98.729 ptas.

Administrativo de primeira99.079 ptas.

4099