Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.034

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (342/1993).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída dos autos de xuízo executivo número menor contía 342/1993, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, o cinco de novembro de mil novecentos noventa e sete, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 342/1993, incoados a raíz da demanda interposta por Carmen Muiño García, representada pola procuradora Esperanza Álvarez, contra Manuel López Martínez, Carmen Mariño Taboada, declarados en rebeldía procesual, Amador García Furelos representado polo procurador Regueiro Muñoz, Amador García Furelos e outros Sociedad Cooperativa, declarados en rebeldía procesual e Juan Vilouta Freire representado polo procurador García Piccoli Atanes.

Parte dispositiva: que debo estimar e estimo a demanda interposta por Carmen Muiño García, representada pola procuradora Esperanza Álvarez, contra Manuel López Martínez, Carmen Mariño Taboada, Amador García Furelos e outros SC, declarados en rebeldía procesual e contra Amador García Furelos, representado polo procurador Regueiro Muñoz, condenándoos solidariamene a realizaren as obras a que se refire o informe da perito xudicial ou alternativamene aboen de igual forma a cantidade dun millón noventa e seis mil duascentas (1.096.200) pesetas, á demandante.

E debo desestimar e desestimo a dita demanda interposta contra Juan Vilouta Freire, representado polo procurador García Piccoli Atanes.

En canto ás custas procesuais haberá que aterse ó establecido no último fundamento de dereito.

Contra a presente cédula cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes á da notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lles sirva de notificación en forma ós demandados en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o oito de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

3702