Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.034

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, a Eduardo Liz Marzán (praza 34/1996).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 3 de maio de 1996 (BOE do 10 de xuño), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, a prol de Eduardo Liz Marzán, DNI nº 33.310.781, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Eduardo Liz Marzán profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 8 de maio de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

3044