Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.035

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (154/1996).

En virtude do que ten acordado a maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cuatro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, en autos de xuízo de faltas número 154/1996, sobre danos, cítase a Francisco Lale Ferreiro, en calidade de denunciado e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 18 de xuño de 1997, ás 11.30 horas, compareza na sala de audiencias número tres que lle corresponde a este xulgado, sita na primeira planta do edificio dos xulgados, rúa Viena, 1-3, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á vista do devandito xuízo de faltas, facéndolle saber que poderá facelo acompañado de avogado, e advertíndoo de que deberá comparecer cos medios de proba de que tente valerse e que se non o verifica recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1997.

O secretario

Rubricado

4022