Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.025

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da certificación da acta do acordo do axuste do calendario anual do sector da construcción de Ourense para o ano 1997.

Visto o texto da certificación da acta do acordo do axuste do calendario anual do sector da construcción (código nº 3200155) de Ourense para o ano 1997, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense e, da parte social, polas centrais sindicais, UGT e CC.OO. en xuntanza celebrada o día 13-3-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de fun

cións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito de Relación Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 15 de abril de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Acordo do axuste do calendario anual do sector

da construcción de Ourense para o ano 1997.

Cesáreo Fernández Ríos, secretario da reunión, segundo nomeamento realizado na propia xunta, celebrada polas partes lexitimadas para asinar convenios ou acordos sectoriais da construcción de ámbito provincial, certifica:

Que na reunión celebrada ás 18 horas do 13 de marzo de 1997 nos locais da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense (ACO), con asistencia por UGT, Javier Carreiro Vázquez, por CC.OO. Rafael López de la Torre, pola CIG, Anxo Pérez Carballo, José Antonio Fernández Iglesias, Xan Losada González, Emilio A. Relova Quinteiro, Miguel Pazo Paramos, J. Carlos Carrera González, Macario Hernández González e Anxo Lorenzo Lloves; por ACO, Carlos Fernández Alonso, Jorge Caride Luna, José Antonio Pérez Fernández e Cesáreo Fernández Ríos. As partes lexitimadas para asinar convenios acordos sectoriais de ámbito provincial, baixo a presidencia de Anxo Pérez Carballo, segundo designación realizada no mesmo acto, logo de deliberación, debate e posterior votación, adoptaron, entre outros, os seguintes acordos:

Primeiro.-Deixando a salvo a xornada ordinaria anual que se fixe, se é o caso, na norma convencional, no suposto de se mante-la vixente do pasado exercicio de 1768 horas, as partes lexitimadas para negocia-lo convenio provincial fixan, cautelarmente, como días non laborables para axuste do calendario anual do sector da construcción para o ano 1997, os seguintes:

Luns de Entroido (segundo acordo do 5 de febreiro de 1997), 2 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 10 de novembro, 24, 26 e 31 de decembro.

Estas datas poderán permutarse por outras diferentes, logo de acordo entre empresa e traballador.

Votan a favor deste acordo a ACO, CC.OO. e UGT. Vota en contra a CIG, e fai constar que non é porque non estea de acordo cos días pactados, senón porque non se recolle o texto de salvagarda xa indicado.

Este acordo apróbase por maioría absoluta.

Segundo.-Tamén cautelarmente e sempre condicionado ó reaxuste do calendario anual que proceda para o vindeiro ano 1998, as partes fixan de antemán o luns de Entroido de 1998 como non laborable.

Estas datas poderán permutarse por outras, logo de acordo entre empresa e traballador.

Este acordo apróbase por unanimidade.

E, ó non haber máis asuntos que tratar, levántase a sesión, logo de lectura e aprobación por unanimidade da acta, cando son as 20.30 horas do día da data, e asínase por septuplicado e para un só efecto.

97-4052