Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.026

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1997 pola que se convocan unhas xornadas de estudio sobre Eugenio Montero Ríos.

A Escola Galega de Administración Pública organiza unhas xornadas de estudio sobre Eugenio Montero Ríos, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Afondar no coñecemento da vida e obra de Eugenio Montero Ríos, persoeiro galego a quen a EGAP dedica o seu actual curso académico.

2. Contido.

Trataranse, ademais doutros, estes temas:

-Montero Ríos, político.

-Montero Ríos, un home do sexenio.

-Montero Ríos e a élite política da Restauración.

-Montero Ríos e a codificación civil.

-Montero Ríos, canonista.

-Montero Ríos e a Institución Libre da Ensinanza.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.

4. Lugar e datas.

As xornadas convocadas terán lugar os días 9 e 10 de xuño no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

A repetida actividade abrirase a mañá do luns, día 9 de xuño, e rematará a tarde do martes 10 de xuño.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o mércores, día 4 de xuño de 1997.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela). Tfno.: 54 60 40, fax: nº 54 63 37.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por fax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando, a partir do día 5 de xuño, por teléfono de 10.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 54 62 39.

6. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente ás mesmas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

4012