Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.027

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de maio de 1997 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente,

por Orde do 13 de febreiro de 1997 (DOG nº 41, do 28 de febreiro de 1997), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e de acordo co establecido na base sexta da citada convocatoria, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

Primeiro.-Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo da presente orde.

Segundo.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Denominación: xefe do Servicio de Sistemas de Información e Comunicación.

Centro directivo: Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código: PR.PO6.00.001.15770.108.

97-4000