Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.014

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de alimentación.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio de alimentación (código 2700155), da provincia de Lugo, asinado o día 20 de marzo de 1997, pola representación da Asociación de Empresarios Mayoristas de Alimentación de Lugo e da central sindical USO e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de abril de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Texto articulado do convenio colectivo provincial para o comercio de alimentación de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio é de aplicación para tódalas empresas adicadas á actividade de comercio de alimentación, almacenistas, distribuidores de alimentación e detallistas (como economatos, chacinería, etc.).

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos neste convenio tódolos traballadores das empresas incluídas no seu ámbito funcional, agás os menores de 16 anos dos que queda prohibida a contratación.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio colectivo de traballo, será desde o 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1998, con independencia da súa publicación no BOP.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

As disposicións do presente convenio rexerán para as empresas e os seus traballadores que teñan centro de traballo en Lugo e a súa provincia.

Artigo 5º.-Denuncia.

O convenio prorrogarase por períodos anuais ó non denunciarse, por calquera das partes, con antelación de 3 meses respecto da data da súa finalización.

Artigo 6º.-Compensación e absorción.

As condicións que se establecen neste convenio son compensables e absorbibles no cómputo anual conforme a lexislación vixente, respectándose as situacións persoais en igual forma.

Artigo 7º.-Comité mixto paritario.

Constituirase un comité mixto paritario entre as partes asinantes deste convenio, integrado por sete membros da asociación, catro de Unión Sindical Obreira, un de Unión Xeral de Traballadores, un de Comisións Obreiras e un de Converxencia Intersindical Galega.

Este cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como o seu seguimento. No caso de desacordo, sométese á competencia da SMAC e xurisdicción competente.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a autoridade laboral considerase que o convenio conculca a legalidade vixente ou lesiona gravemente intereses de terceiros, e dirixise oficio á xurisdicción competente, co obxecto de corrixi-las supostas anomalías e como queira que este convenio na súa redacción actual, constitúe un todo orgánico indivisible, e terase por totalmente ineficaz e debera reconsidera-lo seu contido íntegro a comisión negociadora.

Artigo 9º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral durante a vixencia do presente convenio será de 1.826 horas, 27 minutos de traballo efectivo, en cómputo anual.

Artigo 10º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio gozará dun período anual de vacacións de 30 días naturais.

A retribución correspondente ó período total de vacacións estará constituída polo salario base e a antigüidade consolidada.

Artigo 11º.-Permisos e licencias.

O persoal suxeito ó presente convenio terá dereito, logo de aviso e xustificación, a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

1. Casamento do traballador: quince días naturais.

2. Nacemento de fillo: tres días. Se por tal motivo o traballador precisa facer un desprazamento fóra da provincia, o prazo será de cinco días.

3. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: tres días. Se por tal motivo o traballador precisa facer un desprazamento fóra da provincia, o prazo será de cinco días.

4. Traslado do domicilio habitual: un día.

5. Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo: polo tempo indispensable para o cumprimento do deber. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que ésta dispoña.

6. A realización de funcións sindicais ou de representación do persoal: segundo o disposto legal ou convencionalmente.

7. Lactación dun fillo menor de 9 meses: unha hora de ausencia do traballo ou reducción da xornada normal en media hora.

8. A realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo: polo tempo indispensable para realizalos.

9. Cando por razóns de garda legal o traballador teña ó seu coidado un fillo menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a reducción da xornada coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

As referencias feitas no presente artigo ó conxuxe e á conxuxe entenderanse feitas ó compañeiro/a que en situación estable e acreditada conviva co traballador ou traballadora.

Artigo 11º bis).-Inasistencia retribuída.

Nos supostos taxativamente previstos no artigo anterior, o traballador percibirá durante a súa ausencia dentro da marxe que para este sinala o dito precepto, o soldo base e a antigüidade consolidada que conforme a súa categoría profesional correspondese polo convenio.

Artigo 12º.-Salario base.

Comprende as retribucións que na xornada normal de traballo figuran na táboa de salarios do anexo, con vixencia desde 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1997, retribucións que supoñen un incremento do 3,5% sobre das retribucións do ano 1996.

Para o período comprendido entre o 1º de xaneiro e 31 de decembro de 1998, o incremento salarial será do IPC previsto polo Goberno para o ano 1998.

Artigo 13º.-Aumentos por anos de servicio ou antigüidade.

O complemento de antigüidade ou aumentos periódicos por ano de servicio que se viña devengando por porcentaxes segundo anos de antigüidade na empresa, queda modificado por acordo entre as partes por entender que dificulta a contratación e permanencia dos traballadores que acceden agora, ou o fixeron nos últimos anos, a un posto de traballo.

Por iso, e na procura de promover e consolida-la contratación e o emprego no comercio de alimentación, acórdase modifica-lo complemento de antigüidade previsto ata agora no convenio, que se modifica, desaparecendo polo tanto este concepto no futuro, quedando establecido da seguinte forma:

a) Os traballadores que o 31 de decembro de 1997 veñan percibindo mensualmente algunha cantidade por antigüidade tendo en conta os cuadrienios ó 5% do salario base que viñan rexendo ata o momento, seguirán percibíndoa, figurará na nómina ou recibo de salarios o concepto de antigüidade consolidada, concepto que non se verá suxeito a incrementos no futuro. Para tales efectos fíxase na táboa salarial anexa o importe do cuadrienio consolidado para cada unha das categorías profesionais.

b) Para compensa-la perda económica que suporá a desaparición do complemento de antigüidade, establécese un complemento de compensación da antigüidade para a totalidade dos traballadores nos anos 1997 e 1998 na seguinte contía:

* Ano 1997: 12.000 pesetas anuais.

* Ano 1998: 12.000 pesetas anuais.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e 25 de xullo, serán equivalentes, cada unha delas, ó importe dunha mensualidade, e aboaranse os días 22 de decembro e 22 de xullo respectivamente.

Cada gratificación estará constituída polo salario base e a antigüidade consolidada, que para cada categoría profesional se establece no cadro de salarios anexo ó presente convenio.

O importe das ditas gratificacións será prorrogable en proporción ó tempo de traballo, computándose como tal o correspondente a enfermidade xustificada, accidente de traballo, vacacións e outros servicios retribuídos.

Así mesmo, o persoal que levase dous anos prestando servicios na empresa, ó tempo de ser incorporado ó servicio militar, ten dereito a percibir, como se estivese presente no traballo, o importe das ditas gratificacións.

Artigo 15º.-Gratificacións en función das vendas ou beneficios.

O importe da gratificación en función das vendas ou beneficios será como mínimo dunha mensuali

dade ó ano, e aboarase a razón do salario base e antigüidade consolidada. A dita gratificación aboarase dentro do primeiro trimestre de cada ano e o seu importe será proporcional ó tempo de traballo durante este computándose como tal o correspondente á enfermidade xustificada, permisos retribuídos e baixa por accidente de traballo.

Artigo 16º.-Promoción cultural.

Con esta finalidade, as empresas aboaranlles ós seus traballadores media mensualidade por ano de traballo. O seu aboamento efectuarase dentro da primeira quincena do mes de outubro e o seu cálculo farase sobre o salario base máis a antigüidade consolidada; esta media mensualidade en concepto de promoción cultural, terá carácter extrasalarial e polo tanto non será cotizable para os efectos de Seguridade Social.

Artigo 17º.-Compensación por enfermidade ou accidente de traballo.

As empresas completarán as prestacións por IT ata o 100% do salario real nos seguintes casos:

a) Hospitalización do traballador, desde que comece ata que remate esta.

b) Accidente de traballo e enfermidade profesional, desde o día seguinte ó inicio da baixa.

Artigo 18º.-Axuda por xubilación.

As empresas concederán un complemento de xubilación a aqueles traballadores que, con dez anos como mínimo de antigüidade nela, se xubilen durante a vixencia do convenio.

-Por xubilación voluntaria ós 59 anos: 13 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 12 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 11 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 10 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 9 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 7 mensualidades.

-Por xubilación ós 65 anos: 1 mensualidade.

Para a percepción terá que solicitarse no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente. Se cumpridos os 64 anos de idade e seis meses máis o traballador non solicitase a xubilación, perderá o dereito a este complemento.

Artigo 19º.-Sobresoldo de transporte.

Establécese un sobresoldo de transporte para tódolos traballadores afectados polo presente convenio, na contía de 355 ptas. por día de traballo efectivo. Este sobresoldo de transporte terá carácter extrasalarial e polo tanto non será cotizable para os efectos de Seguridade Social.

Artigo 20º.-Quebranto de moeda.

Aqueles traballadores que teñan a responsabilidade de efectuar operacións monetarias fóra da

empresa, e os auxiliares de caixa terán unha compensación de 2.590 ptas. mensuais, por quebranto de moeda. Esta compensación económica terá carácter extrasalarial e polo tanto non será cotizable para os efectos de Seguridade Social.

Artigo 21º.-Traballo domingos e festivos.

Aqueles productores que traballen en domingos e festivos percibirán unha retribución, incluído o salario habitual, de 7.765 ptas, por cada xornada completa.

Artigo 22º.-Modalidades de contratación.

A) Contratos de aprendizaxe: poderanse celebrar contratos de aprendizaxe con traballadores maiores de dezaseis anos e menores de vintecinco anos.

O salario de contratación destes traballadores será igual ó 70%, 80% e 90% do salario base da súa categoría durante, respectivamente, o primeiro, o segundo e o terceiro ano de vixencia do contrato.

B) Contratos de prácticas: a retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será do 70% ou do 85% do salario base da súa categoría profesional durante, respectivamente, o primeiro e o segundo ano de vixencia do contrato.

C) Contratos de duración determinada regulados no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

1. Os contratos acollidos a esta modalidade que se formalicen para atender a circunstancias de acumulación de tarefas ou excesos de pedidos poderán ter unha duración máxima de doce meses, dentro dun período de catorce meses.

2. Por outra banda, os contratos acollidos a esta modalidade que se formalicen para atender a circunstancias do mercado rexeranse polas seguintes normas:

2.1. Exposición de motivos:

As partes asinantes do presente convenio constatan a existencia dun ciclo económico estatal levemente expansivo, que polo momento non se traduce nunha tendencia ó crecemento xeral do mercado no referente ó consumo privado.

Sobre o anterior inciden unhas especiais circunstancias propias do sector, derivadas da recente normativa estatal sobre comercio (L.O. 2/1996, do 15 de xaneiro, que propicia unha progresiva liberalización do sector, co seu conseguinte auxe, que culminará por aplicación do artigo 3.1º da L.O. 2/1996, a partir do 1 de xaneiro do ano 2001.).

Polo que respecta á provincia de Lugo as circunstancias descritas, isto é, o esperado incremento xeral do consumo, concorren coa influencia cada vez máis acusada no sector do comercio de alimentación das grandes superficies comerciais, tanto no referente á diversificación da oferta como respecto á recente ou inminente apertura de novos establecementos.

Todo iso provoca a necesidade de adecua-los parámetros da xestión empresarial, incluído o laboral,

no sector do comercio de alimentación, a estas especiais circunstancias do mercado, o que se manifestaría nunha reordenación de carácter organizativo e comercial, xa en marcha na xeneralidade do sector (segundas marcas, redistribución de puntos de venda, política de imaxe de empresa, etc.) completada no aspecto laboral cunha maior estabilidade no emprego, estabilidade que propiciará o incremento da profesionalidade do sector ó mesmo tempo que eliminará, no posible, a precariedade laboral derivada da contratación temporal de ciclo curto.

2.2. En consecuencia co sinalado, as partes acordan a seguinte regulación:

De conformidade co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, na procura dunha menor precarización do emprego, e buscando aproveitar ó máximo as posibilidades de emprego que se derivan do actual ciclo económico, o contrato por circunstancias do mercado a que se refire o artigo mencionado poderá celebrarse por períodos que, un a un ou no conxunto, non superen os catro anos dentro dun ciclo de cinco anos.

A duración mínima inicial do contrato que se regula no presente artigo será de seis meses, e poderase prorrogar, caso de concertarse por tempo inferior ó máximo, sen que en ningún caso o tempo acumulado incluído o das prórrogas poida exceder dos catro anos. Se non se concertase expresamente a súa prórroga, ó remate do contrato inicial ou dalgunha das súas prórrogas, e o traballador continuase prestando servicios na empresa, entenderase o contrato prorrogado ata o límite máximo de catro anos.

No suposto de que se chegase ó termo da vixencia máxima do contrato (catro anos), se o traballador segue a prestar servicios na empresa, o contrato transformarase en indefinido.

O presente contrato sométese a un réxime específico de extinción, con esixencia de aviso previo escrito con, polo menos, quince días de antelación, fixando unha indemnización para o traballador consistente no aboamento de 12 días de salarios por ano de servicio na empresa, rateándose por meses os períodos inferiores ó ano.

O réxime xurídico do contrato, excepto no regulado no presente artigo, será equivalente ó do contrato por tempo indefinido en canto ó desfrute de beneficios salariais ou non salariais.

Na formalización do presente contrato haberá que facer referencia expresa ó presente artigo.

Independentemente da vixencia pactada para o resto do convenio, o presente artigo terá unha vixencia de cinco anos.

As partes comprométense a lles recomendar ós seus afiliados a utilización deste tipo de contrato de longa duración, sempre que resulte aplicable, en lugar doutras modalidades de contratación actualmente en vigor e que garantan en menor medida a estabilidade no emprego.

En todo caso, as partes asinantes do presente convenio amosan a súa vontade de que a figura con

tractual prevista neste artigo se instrumentalice de acordo coa declaración de motivos contida nel. Para tal efecto, a comisión paritaria do convenio fará un seguimento específico do contrato que se regula no presente artigo no sector a través de reunións que se celebrarán por instancia dunha das partes asinantes.

Artigo 23º.-Delimitacións da función do conductor.

Chofer de 1ª: é o traballador que, cos coñecementos e permisos necesarios, conduce vehículos dos que para o seu manexo, se esixe permiso de conducir de 1ª especial ou 1ª, coida da súa conservación, debendo repara-las pequenas avarías tanto en rota coma no garaxe, transporta, cobra e factura as mercadorías de acordo coas instruccións que reciba, e participa na carga e descarga.

Chofer de 2ª: é o traballador que, cos coñecementos e permisos necesarios, conduce vehículos dos que para o seu manexo se esixe o permiso de conducir de 2ª. ou 3ª clase; coida da súa conservación, debendo repara-las pequenas avarías tanto en rota coma no garaxe, transporta, reparte, cobra e factura as mercadorías de acordo coas instruccións que reciba, e participa na carga e descarga.

O conductor de 1ª terá categoría de oficial de 1ª e o de 2ª de oficial de 2ª.

Artigo 24º.-Dereitos sindicais.

As empresas poñerán á disposición dos comités de empresa ou delegados de persoal, o oportuno taboleiro de anuncios para uso sen prexuízo de poder mantelo para outros nos que así se teña autorizado.

As empresas poderán deducir, a través da nómina, as cotas correspondentes ós afiliados das centrais sindicais asinantes do presente convenio. Os interesados deberán solicitalo por escrito á dirección da empresa.

Artigo 25º.-Revisión de táboas salariais.

Ano 1998:

Para o ano 1998 establécese unha cláusula de revisión en virtude da cal se garante que o incremento salarial do ano 1998 sexa, en todo caso, equivalente ó IPC real estatal de 1998 máis 0,5 puntos, e para eses efectos, e se é o caso, no mes de xaneiro de 1999 efectuarase unha revisión das táboas salariais con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1998, e que servirá de base para a fixación das táboas salariais de 1999.

Artigo 26º.-Póliza de seguros.

As empresas, a partir do mes seguinte ó da publicación do presente convenio, estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros que cubra nos casos de accidente laboral con resultado de morte, 2.850.000 ptas. de indemnización, e con resultado de invalidez permanente total, absoluta e grande invalidez 3.365.000 ptas.

A referida póliza soamente abranguerá os procesos iniciados a partir da vixencia e validez desta.

Para os efectos deste artigo, a calificación de accidente de traballo e o grao de invalidez, será o que fixen os órganos administrativos ou, se é o caso, xurisdiccionais competentes.

As indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo á póliza que se regula neste artigo, consideraranse entregadas a conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo á empresa, e compensaranse ata onde aquelas alcancen.

As contías en que se incrementarán as indemnizacións fixadas neste convenio, respecto das do ano anterior, entrarán en vigor no termo de 30 días a partir da publicación deste convenio no Diario Oficial de Galicia, prazo do que disporán as empresas para actualiza-las referidas contías nas súas pólizas.

Artigo 27º.-Axudas de custo.

Todo traballador con dereito a axuda de custo percibirá 3.400 pesetas por axuda de custo completa e 1.300 pesetas por media axuda, ou ben gastos para xustificar a elección da empresa.

Artigo 28º.-Réxime disciplinario.

De conformidade co establecido no texto do acordo para a substitución da ordenanza de comercio publicado no BOE do 9 de abril de 1996, toda conducta que, no ámbito laboral, atente gravemente contra o respecto da intimidade e dignidade mediante a ofensa, verbal ou física, de carácter sexual, será considerada como falta moi grave.

Se a conducta mencionada se leva a cabo valéndose dunha posición xerárquica, suporá unha circunstancia agravante.

Nestes supostos o comité de empresa, delegado ou delegados de persoal, sección sindical e dirección da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador ou traballadora afectado/a.

Artigo 29º.-Comisión de saúde laboral.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de saúde laboral, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Comercio de Alimentación de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo de convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de saúde laboral terán como obxetivos prioritarios:

1º. Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a previsión dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2º. Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e saúde dos traballadores.

3º. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4º. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que realicen os traballadores deste sector.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo no sector na provincia de Lugo.

Artigo 30º.-Clasificación do persoal.

O persoal ó servicio das empresas afectadas por este convenio colectivo queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais en función das súas titulacións académicas, aptitudes profesionais e contido xeral da prestación laboral requirida.

As definicións contidas para cada grupo profesional non son exhaustivas, serán meramente enunciativas:

Grupo I: están comprendidos neste grupo aqueles traballadores que coordinan, dirixen, establecen e crean políticas xerais, prácticas normativas e procedementos amplos, cun alto grao de autonomía a partir de directrices xerais. Exercen a supervisión a través de mandos intermedios co fin de logra-los obxectivos operacionais marcados.

Grupo II: están comprendidos neste grupo aqueles traballadores que desenvolvan a súa actividade baixo especificacións precisas e con certo grao de autonomía, podendo coordinar o traballo dun equipo, para o que se require unha certa pericia ou habilidade sistemática en actividades e/ou procesos técnicos, comerciais, informáticos ou administrativos, que están ou non estandarizados.

Grupo III: están comprendidos neste grupo aqueles traballadores que ocupan postos que se executan baixo instruccións concretas, con dependencia xerárquica e funcional total. Esixe o coñecemento total do seu oficio e as funcións poden implicar incomodidade temporal ou esforzo físico.

Táboa salarial de comercio de alimentación de Lugo

Vixencia: 1-1-1997 ó 31-12-1997

Categoría profesionalSoldo mensualPlus Transp.Retribuc. AnualAntg. Consol.

Cuadrien./mes

Grupo I
Director107.2143551.759.0875.361
Encargado xeral100.4413551.654.1065.022

Categoría profesionalSoldo mensualPlus Transp.Retribuc. AnualAntg. Consol.

Cuadrien./mes

Grupo II
Xefe de división101.7943551.675.0775.090
Xefe de persoal100.4413551.654.1065.022
Xefe de compras100.4413551.654.1065.022
Xefe de vendas100.4413551.654.1065.022
Xefe de sección 97.0903551.602.1654.855
Xefe de sucursal ou supermercado 94.2273551.557.7894.711
Xefe de almacén 94.2273551.557.7894.711
Xefe de grupo 94.2273551.557.7894.711
Encargado establecemento, vendedor,

comprador

89.1263551.478.7234.456
Xefe administrativo 96.1623551.587.7814.808
Xefe de sección administrativa 92.2893551.527.7504.614
Xefe de sección servicios 91.0013551.507.7864.550

Grupo III
Corredor de praza ou vixilante 87.4453551.452.6684.372
Dependente 88.7193551.472.4154.436
Dependente maior 94.9533551.569.0424.748
Axudante 81.3133551.357.6224.066
Contable 89.7993551.489.1554.490
Oficial administrativo ou operador

de máquinas contables

88.7193551.472.4154.436
Auxiliar administrativo ou perforista 81.1813551.355.5764.059
Profesional de oficio de 1ª 86.3433551.435.5874.317
Profesional de oficio de 2ª 84.1953551.402.2934.210
Mozo especializado 81.1813551.355.5764.059
Mozo 77.8553551.304.0233.893
Empaquetadora 77.8553551.304.0233.893
Cobrador 85.5293551.422.9704.276
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro 77.8553551.304.0233.893
Auxiliar de caixa 79.3673551.327.4593.968

3081