Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.013

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1997 pola que se amplía a campaña, establecida durante 1996, para a regularización das tarxetas de inspección técnica dos vehículos agrícolas durante 1997.

A Orde do 26 de febreiro de 1996 (DOG do 25 de marzo), da Consellería de Industria e Comercio, estableceu unha campaña durante 1996 para a regularización das tarxetas de inspección técnica dos vehículos agrícolas.

No seu artigo 1º expoñíase que o obxecto da orde era o de regulariza-la situación dos vehículos agrícolas, de titulares que o soliciten, mediante a expedición da tarxeta ITV, despois da inspección técnica unitaria con resultado favorable.

A campaña desenvolvida durante o ano 1996 puxo de manifesto, desde o seu comezo, o volume elevado do parque existente e doutra banda a preocupación do colectivo de titulares dos vehículos agrícolas, as súas asociacións representantes e outras institucións, resultando insuficiente o prazo establecido

no artigo 3º, da citada Orde de 26 de febreiro de 1996, para atende-la demanda xerada.

Na súa virtude e de acordo coas competencias que me foron transferidas,

RESOLVO:

Autoriza-la ampliación da campaña iniciada de acordo coa Orde do 26 de febreiro de 1996 para a regularización das tarxetas de inspección técnica dos vehículos agrícolas, ata o 31 de decembro de 1997.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

3040