Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.012

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de maio de 1997 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria: Nuestra Señora del Carmen de Betanzos; San José da Guarda; Santiago Apóstol de Soutomaior e San Francisco de Vilagarcía de Arousa.

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros, nos que se solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria: Nuestra Señora del Carmen de Betanzos; San José de A Guarda; Santiago Apóstol de Soutomaior e San Francisco de Vilagarcía de Arousa.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se remiten cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas consonte o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

-Provincia: A Coruña.

Municipio: Betanzos.

Localidade: Betanzos.

Enderezo: estrada de Castela, 146-152.

Denominación específica: Nuestra Señora del Carmen.

Titular: Hijas de la Natividad de María.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato 4 unidades coas modalidades seguintes: Ciencias da Natureza e da Saúde e Humanidades e Ciencias Sociais.

-Provincia: Pontevedra.

Municipio: A Guarda.

Localidade: A Guarda.

Enderezo: Camiño de Currás, 2.

Denominación específica: San José.

Titular: Hermanas Carmelitas de la Caridad.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 4 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

-Provincia: Pontevedra.

Municipio: Soutomaior.

Localidade: Arcade.

Enderezo: A Montesiña s/n.

Denominación específica: Santiago Apóstol.

Titular: Cooperativa de Enseñanza Santiago Apóstol.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 4 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación especial: 1 unidade.

d) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

e) Centro de bacharelato 6 unidades coas modalidades seguintes: Ciencias da Natureza e da Saúde, Humanidades e Ciencias Sociais e Tecnoloxía.

-Provincia: Pontevedra.

Municipio: Vilagarcía de Arousa.

Localidade: Vilagarcía de Arousa.

Enderezo: Edelmiro Trillo, 15.

Denominación específica: San Francisco.

Titular: Religiosas Franciscanas Divina Pastora.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

3869