Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.012

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de abril de 1997 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1997 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica.

Por Orde do 27 de xaneiro de 1997 (DOG do 14 de febreiro), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1997 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles, con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.3221.480.0, as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-O pagamento das axudas económicas farase unha vez feita a debida xustificación, que se deberá realizar ata o 10 de outubro para as actividades que finalicen ata o 30 de setembro incluído, e ata o 10 de decembro de 1997 para as actividades realizadas entre o 1 de outubro e o 9 de decembro incluídos.

Terceiro.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

APJEGP - Asociación Pedagóxica Xornadas do Ensino de Galiza e Portugal:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

UNIVERSIDADE POPULAR. ESCOLA DE VERÁN DE CORCUBIÓN:

1ª Actividade de escola de verán: 400.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

ASPGP - Asociación Socio-Pedagóxica Galaico-Portuguesa:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

NOVA ESCOLA GALEGA:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.858 ptas.

MRP - Escola de Verán de Lugo:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

AP. IGSP - Asociación Pedagóxica Instituto Galego de Socio-Pedagoxía:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

AS-PG - Asociación Socio-Pedagóxica Galega:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

ESCOLA VIVA:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 342.857 ptas.

3883