Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de abril de 1997 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial Centro de Educación Especial de Régoa, de Cedeira.

Examinado o expediente incoado por Gonzalo Latorre Morado en representación da Asociación Pro Minusválidos Psíquicos APADER, polo que solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento dun centro privado de educación especial.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16), a orde ministerial do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE do 26), o Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Concede-la autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, ó centro privado de educación especial Centro de Educación Especial de Régoa de Cedeira, segundo os datos que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Municipio: Cedeira.

Localidade: Cedeira.

Enderezo: Régoa s/n.

Denominación específica: Centro de Educación Especial de Régoa.

Titular: Asociación Pro Minusválidos Psíquicos APADER.

Ensinanzas que se autorizan: educación especial.

Número de unidades: 1.

3882