Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 29 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador I.I.2/1996 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e derradeiro enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador I.I.2/1996 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber que, de acordo co título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 a 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

No caso de conformidade coa sanción, deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 29 de abril de 1997.

Juan Jesús Gestal Otero

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: I.I.2/1996.

Denunciado: Panadería Pastelería Luis. Mª Elena Álvarez Anlla.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Senén-Canido nº 5, Ponteareas. Pontevedra.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: letra a do artigo 3º do R.D. 2505/1983-Artigo 35 A 3º da L. 14/1986 (Xeral de Sanidade).-Apartado 5.1 do artigo 5 do R.D. 1945/1983.

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (Xral. de Sanidade).-R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Sanción proposta: 350.000 ptas.

3642