1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: subministración.
Descrición do obxecto: adquisición de tres carros de varada con destino ó porto pesqueiro de Cangas (Pontevedra).
División por lotes e número: non existen lotes.
Lugar de entrega: porto pesqueiro de Cangas (Pontevedra).
Prazo de entrega: o prazo de entrega será de dous meses (2) a partir da sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: catro millóns trescentas mil pesetas (4.300.000 ptas.).
5. Garantías.
Provisional: oitenta e seis mil pesetas (86.000 ptas.).
6. Obtención de documentación e información.
Na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa do Sar, nº 75, 15702 Santiago de Compostela; Teléf. (981) 54 62 93, fax (981) 54 62 88, ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
7. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: ás catorce horas (14) do día no que se cumpran vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.
Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios
administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela ), ou por correo nas formas previstas no art. 100 do RXCE.
8. Apertura das ofertas.
Na sede da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 11 horas do día no que se cumpran 5 días naturais contados desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas; de coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.
9. Gastos do anuncio.
Correrán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 1997.
Juan M. López García
Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras
3643