Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se anuncia a contratación de subministración polo sistema aberto por concurso.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: adquisición de tres guindastres para diversos portos pesqueiros.

División por lotes e número:

Lote nº 1: guindastre con destino ó porto pesqueiro de Panxón (Nigrán-PO).

Lote nº 2: guindastre con destino ó porto pesqueiro de Morás (Xove-LU).

Lote nº 3: guindastre con destino ó porto pesqueiro de Caión (Laracha-C).

Lugar de entrega: portos pesqueiros de Panxón, Morás e Caión.

Prazo de entrega: o prazo de entrega para cada un dos lotes no que se subdivide o obxecto do contrato será de tres meses (3) a partir da sinatura dos correspondentes contratos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catorce millóns catrocentas mil pesetas (14.400.000 ptas.).

-Lote nº 1: cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 ptas.).

-Lote nº 2: cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 ptas.).

-Lote nº 3: tres millóns catrocentas mil pesetas (3.400.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa do Sar, nº 75, 15702 Santiago de Compostela; Teléf. (981) 54 62 93, fax (981) 54 62 88, ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce horas (14) do día no que se cumpran vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela ), ou por correo nas formas previstas no art. 100 do RXCE.

8. Apertura das ofertas.

Na sede da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9 horas do día no que se cumpran 5 días naturais contados desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas; de coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil inmediatamente seguinte.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do ou dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1997.

Juan M. López García

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras

3644