Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación da obra de construcción dun edificio para o Museo Arqueolóxico (fase II) de Lugo.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación da seguinte obra:

Construcción dun edificio para o Museo Arqueolóxico (fase II) en Lugo.

Orzamento de licitación: trinta e tres millóns novecentas sesenta e nove mil catrocentas corenta e oito pesetas (33.969.448 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

Exposición da documentación: o proxecto, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta del adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

97-3711