Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 117/1997, do 2 de maio, polo que se afecta ó dominio público o conxunto de predios coñecidos como Souto da Retorta ou Eucaliptal de Chavín, sito na parroquia de Chavín, termo municipal de Viveiro (Lugo).

Unha vez formalizada a adquisición dos predios coñecidos como Souto da Retorta ou Eucaliptal de Chavín, sitos na parroquia de Chavín, termo municipal de Viveiro (Lugo), a pedimento da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, dadas as especiais características das especies arbóreas que se atopan nese espacio natural, faise necesario proceder á súa afectación.

Á vista do disposto nos artigos 9 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 10 a 14 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e

logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de maio de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aféctase ó dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia o conxunto de predios coñecido como Souto de Retorta ou Eucaliptal de Chavín, sito na parroquia de Chavín, termo municipal de Viveiro (Lugo), quedando adscrito á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes como órgano da Administración da Comunidade Autónoma ó que lle corresponde exerce-las competencias, entre outras, en materia de protección e conservación do medio ambiente natural e espacios naturais.

Santiago de Compostela, dous de maio de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

3748