Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 118/1997, do 2 de maio, polo que se afecta ó dominio público o inmoble coñecido como Salón Teatro, sito na Rúa Nova, 34, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Unha vez formalizada a adquisición do inmoble coñecido como Salón Teatro, sito na Rúa Nova, 34 de Santiago de Compostela (A Coruña), por petición da Consellería de Cultura e Comunicación Social, co fin de dispoñer no centro de Santiago de Compostela dun espacio para o desenvolvemento de actos propios da Xunta de Galicia, así como de promoción e difusión cultural, cómpre proceder á súa afectación.

Á vista do disposto nos artigos 9 e 13 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 10 a 14 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de maio de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aféctase ó dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia o inmoble coñecido como Salón Teatro sito na Rúa Nova, 34 de Santiago de Compostela (A Coruña), como espacio destinado á promoción e difusión cultural, quedando adscrito á Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Santiago de Compostela, dous de maio de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

3749