Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.723

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de maio de 1997 pola que se anuncian as probas de ingreso para o curso académico 1997/1998 no INEF de Galicia.

De conformidade coa lexislación vixente, convócanse prazas para cursar estudios da licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Bases.

Primeira.-Número de prazas.

As prazas para cursar estudios no INEF de Galicia estarán distribuídas do seguinte xeito:

130 alumnos do primeiro curso e 32 para alumnos que accedan ó segundo ciclo (Orde do 11 de outubro de 1994, BOE nº 250, do 19 de outubro de 1994).

Segunda.-Acceso ó INEF de Galicia.

A. Acceso ó 1º ciclo.

Regularase polos prazos e procedementos establecidos pola CiUG (Comisión Interuniversitaria Galega) e pola seguinte lexislación:

Real decreto 1005/1991, (sobre acceso ós centros universitarios).

Real decreto 1060/1992 (sobre acceso de minusválidos).

Real decreto 1856/1995 (sobre acceso deportistas de alto rendemento).

Real decreto 2048/1995 (sobre técnicos superiores en animación de actividades físicas e deportivas).

Orde do 29 de outubro de 1982 (sobre probas de aptitude para acceso ós INEFs).

Real decreto 1423/1992 (sobre incorporación á universidade das ensinanzas de educación física).

Polas peculiaridades do centro e o acceso a el deberá terse en conta o seguinte:

1. No caso de que os aspirantes a cubri-las prazas de deportistas de élite non cumpran os requisitos expostos no R.D. 1856/1995, as prazas sobrantes desta cota serán cubertas con deportistas galegos de recoñecido prestixio, a criterio da CiUG, logo de informe do tribunal das probas específicas, vista a proposta do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Os admitidos nesta cota estarán exentos de realiza-las probas específicas.

2. No caso dos aspirantes que acreditando minusvalidez non cumpran as condicións recollidas no R.D. 1060/1992, deberán realizar, por proposta do tribunal das probas específicas, as ditas probas de forma adaptada individualmente.

O tribunal poderá modifica-los protocolos e baremos das probas específicas, tendo en conta as carac

terísticas teórico-prácticas dos estudios de Ciencias da Actividade Física e do Deporte e a posible adaptación deles ós casos que poidan presentarse.

As prazas referidas neste apartado serán ocupadas prioritariamente polos aspirantes que reúnan as condicións sinaladas no real decreto mencionado anteriormente.

B. Acceso ó 2º ciclo.

Os que soliciten o acceso ó 2º ciclo deberán matricularse nas probas específicas e segui-lo disposto pola universidade, en canto procedementos e prazos para a súa preinscrición.

Terceira.-Solicitude de matrícula para a realización de probas específicas.

1. Normas de inscrición.

As persoas que desexen tomar parte nas probas de ingreso cursarán a súa solicitude utilizando os impresos normalizados, dirixidos ó director do INEF de Galicia, de acordo cos prazos sinalados nas presentes bases.

Os impresos normalizados, as bases da convocatoria, as instruccións de matrícula e os anexos da presente orde poden recollerse nos seguintes lugares:

Secretaría do INEF de Galicia. Pazo de Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña). Teléfono: (981) 16 70 00.

Servicios Centrais da Secretaría Xeral para o Deporte. Estadio Multiuso de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 26 20 e 54 26 47.

Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Rúa Vilalba, 1, Lugo. Teléfono: (982) 25 00 07.

Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Avda. da Habana, 105-5º Ourense. Teléfono: (988) 38 60 44.

Servicio Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Padre Fernando Olmedo, 3. Residencia Atlántico. Pontevedra. Teléfono: (986) 86 81 17.

Servicio Local da Secretaría Xeral para o Deporte. Rúa México, 41-43, 1º Esq. Vigo. Teléfono: (986) 20 44 04.

2. Os aspirantes entregarán as solicitudes nas oficinas do INEF de Galicia, persoalmente ou ben a través de correo certificado. Será de aplicación o artigo 34.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro do prazos sinalados e de acordo coas seguintes condicións:

3. A documentación que deberán presentar será a seguinte:

-Solicitude dirixida ó director do INEF de Galicia en impreso normalizado.

-Tarxeta de exame debidamente cuberta, cunha fotografía adherida.

-Fotocopia do DNI compulsada.

-Certificado médico expedido no impreso oficial do colexio de médicos en data recente (máximo dous meses) no que se faga constar literalmente que non existe ningún tipo de contraindicación que impida o normal desenvolvemento da súa actividade docente e a realización de probas físicas de máximo esforzo.

-Resgardo de ter aboados os dereitos de exame, que se realizará a través da entidade bancaria Caixa de Aforros de Galicia, conta número 311.000.184.0, mediante impreso contable para tal efecto.

-Un sobre tamaño cuartilla, franqueado e co enderezo habitual do aspirante.

-Os aspirantes que desexen ser incluídos como deportistas de élite deberán:

Solicitar expresamente na instancia dirixida ó director do INEF o seu desexo de accederen ó devandito centro como tales.

Presenta-la consideración de deportistas de alto nivel outorgada polo Consello Superior de Deportes ou, no seu defecto, xuntar historial e currículum deportivo certificado pola federación galega ou española correspondente.

Os aspirantes incluídos no cupo de minusválidos deberán:

-Solicitar expresamente na instancia dirixida ó director do INEF o seu desexo de accederen ó devandito centro como tales.

-Xuntar coa súa documentación a certificación oficial de minusvalidez.

4. Deberá realizarse a preinscrición na licenciatura de Ciencias da Actividade Física e do Deporte no LERD que lle corresponda e nos prazos e procedementos determinados pola CiUG.

Cuarta.-Dereitos de exame.

O importe dos dereitos de exame será o que estea vixente no momento de realiza-la inscrición.

Os que acrediten pertencer a familia numerosa de 1ª categoría aboarán o 50% dos dereitos de exame.

Os que acrediten pertencer a familia numerosa de 2ª categoría ou de honra están exentos de aboa-los dereitos de exame.

Os fillos de funcionarios do Ministerio de Educación, e das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Educación e Ordenación Universitaria, están exentos de aboa-los dereitos de exame.

Quinta.-Prazos de matrícula.

O prazo de matrícula para as probas específicas será do 2 ó 13 de xuño de 1997, ámbolos dous días incluídos. O día 20 de xuño faranse públicas as listas provisionais de admitidos no taboleiros de anuncios do INEF e abrirase un prazo de reclamación de 10 días naturais, a partir do que se publicarán as listas definitivas.

Sexta.-Probas de acceso.

1. Con dez días de antelación, como mínimo, no taboleiro de anuncios do INEF de Galicia publicarase o regulamento das probas específicas, polo que se rexerán as súas condicións e desenvolvemento.

2. As probas específicas celebraranse nas instalacións do INEF de Galicia.

Cunha antelación suficiente, publicarase a composición do tribunal que xulgará as probas específicas, no taboleiro de anuncios do INEF de Galicia, que incluirá os correspondentes grupos de alumnos que deberán presentarse a elas e as datas de celebración.

3. Puntuacións.

Para obter praza no INEF de Galicia, o aspirante terá que acada-la cualificación de apto en cada unha das cinco probas, aplicando posteriormente os criterios xerais de acceso á universidade.

3.1. Probas físicas:

Consistirá na realización de 5 probas de aptitude para a actividade física e o deporte, cunha cualificación de apto ou non apto, conforme o baremo que se recolle no anexo I da presente orde, e seguindo a seguinte orde:

Bloque I: proba de adaptación ó medio acuático.

Bloque 2: proba de axilidade no chan.

Proba de carreira de obstáculos (esta proba realizarase a cuberto).

Proba de axilidade co balón.

Bloque 3: proba de resistencia cíclica.

As probas do bloque nº 2 poderanse modificar na súa orde en función das necesidades de organización.

Cando o rendemento do aspirante nunha proba sexa interferido por motivos alleos á súa vontade, o a entendemento do tribunal, o aspirante poderá repeti-la proba.

Sétima.-Aptos e matrícula definitiva.

Oportunamente publicarase a relación provisional de aptos, e abrirase un prazo de cinco días naturais para posibles reclamacións, e posteriormente farase pública a relación definitiva de aptos no taboleiro de anuncios do INEF de Galicia, e tramitarase á CiUG, quen convocará a matrícula ós alumnos aptos nas probas específicas de acordo cos criterios xerais de acceso a universidade.

Oitava.-Tribunal.

As probas específicas serán xulgadas por un tribunal nomeado polo rector da Universidade da Coruña, a proposta da dirección do INEF de Galicia, formado entre profesores do mesmo e que estará pre

sidido polo director do centro ou profesor en quen delegue (Art. 5 Orde 29-10-1982).

A categoría do tribunal será do grupo 1º.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

Baremo das probas específicas de acceso o INEF de Galicia para o curso 1997-1998:

Bloque 1º

Proba de adaptación ó medio acuático:

Homes: 46 segundos.

Mulleres: 49 segundos.

Bloque 2º

Proba de axilidade no chan: 8 puntos.

Proba de carreira con obstáculos:

Homes 8" 90 cent. eléctricas.

8" 75 cent. manuais.

Mulleres 10" 55 cent. eléctricas.

10" 40 cent. manuais.

Proba de axilidade co balón:

Homes 1' 35 segundos.

Mulleres 2' 25 segundos.

Bloque 3º

Proba de resistencia cíclica:

Homes 9'

Mulleres 11' 10 segundos.

3747