Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador E.N.-16/1997 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán de un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 11 de abril de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: E.N.-16/97.

-Denunciado: Julio Fernández Soto.

-Último enderezo coñecido: r/ Tomás A. Alonso, 24, Vigo.

-Feito denunciado: realizar un voo rasante nunha avioneta branca e amarela coas letras EC-CEL entrando desde o mar perpendicular á praia da Lanzada, por enriba do aparcamento N, e da praia do Bao con dirección Cambados e volta polo mesmo sitio e á mesma altura. Ó seu paso e debido á baixa altura e ó ruído do motor levantaron case tódalas aves que comían na zona aproveitando a baixamar, o día 8 de febreiro de 1997, no lugar da praia da Lanzada, termo municipal O Grove.

-Precepto infrinxido: Art. 38.4º e 38.13º por incumprimento do artigo 26.4º da Lei 4/1989, dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

-Precepto sancionador: Art. 38 da Lei 4/1989, dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

-Sanción: 50.000 ptas.

3297