Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador E.N.-41/1996 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, sobre conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.956 do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 11 de abril de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: E.N-41/96.

-Denunciado: José Daniel Villambre.

-Último enderezo coñecido: r/ Paseo de los Molinos, 100-4º, Sto. Domingo de la Calzada, A Rioxa.

-Feito denunciado: practicar wind-surf nunha zona prohibida dentro dun espacio natural complexo intermareal Umia-O Grove, o día 25 de agosto de 1996, no lugar Enseada do Bao, concello do Grove.

-Precepto infrinxido: Art. 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

-Precepto sancionador: Art. 38 da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

-Sanción: 10.000 ptas.

3293