Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.N.-39/1996 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar perante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 11 de abril de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente: E.N-39/96.

-Denunciado: Antonio Riestra Pita.

-Último enderezo coñecido: r/ Arturo Soria, 330-4º, Madrid.

-Feito denunciado: circular cun vehículo todo terreo (de cor gris azulada, marca Toyota modelo Land Criser, matrícula M-6285-OG), polas dunas dentro dun espacio natural: complexo intermareal Umia-O Grove, o día 9 de agosto de 1996, na marxe esquerda, sentido á localidade de San Vicente, concello do Grove.

-Precepto infrinxido: Art. 38.2º da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

-Precepto sancionador: Art. 38 da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

-Sanción: 15.000 ptas.

3296